- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 29 Novembro 2007 29 Novembro 2007
O Ézaro camariñán

Posta de sol no enclave onde está situado Stolt Sea Farm: Cabo Vilán
É ben coñecido de todos que ata o de agora a única cascada da Europa continental que desembocaba no Oceano Atlántico estaba no paraiso natural do Ézaro, no Concello de Dumbría. Sen embargo nos últimos anos apareceu nen máis nen menos que na ensenada da Arnela, en pleno Faro Vilán unha segunda catarata se ben que esta é artificial e non tira auga pura precisamente. No interior desta noticia poderedes ler a carta que Diego Alonso escribeu o 17 de Setembro de 2007 no foro desta web ás usuarias Uxi e Paula, ademáis duns espectaculares vídeos da "Catarata do Vilán" en plena acción corrosiva.
Carta de Diego Alonso no foro de camarinas.eu
"Ola Paula e Uxía, antes de nada darvos as gracias por participar no foro.
Eu son Diego Alonso Freire, e sempre fun defensor acérrimo de axudar a calquera empresa que se queira instalar na nosa Costa da Morte, porque creo que as necesitamos. Nós non somos tan ricos coma para estar metendo fora inversións que poden axudar ao desenrolo da nosa terra. Creo que esto é o que nos fai falta. Esto non quere dicir que teñamos que darlle carta libre a estas empresas, NON, porque estas empresas veñen (como non) a gañar cartos e non a salvarnos a vida. Tamén creo que estas empresas non son a panacea como se nos quixo dar a entender por "moitos" desde fai tempo, porque se non mirade un exemplo: un barco da rede de Camariñas da case que tantos postos de traballo como o multimillonario Stolt Nielsen en Camariñas ca súa super-productiva planta de rodaballo nada máis e nada menos que nun dos lugares máis emblemáticos de Galicia: ¡¡¡No CABO VILÁN!!!, sen embargo estes barcos da rede de Camariñas estanse a desmantelar. Non o entendo.
Polo tema da contaminación teño que dicir que eu, que traballei nunha factoría de rodaballos, vin que estas empresas tiñan especial cuidado no tema residual porque, en parte, estaban sendo moi controlados pola administración, sindicatos e ecoloxistas. Pero, pódovos dicir que cando limpiábamos os tanques de rodaballo aplicábamoslle a estes tanques "Hipoclorito Sódico" un ácido corrosivo para eliminar calqueira enfermidade ou parásito que quedara no estanque. Tiñamos que aplicar este producto cubertos de máscaras anti-gas, botas, guantes, e roupa especial para cubrirse deste ácido, e ainda así, despois de aplicar o producto había que ducharse abundantemente con auga limpa porque o picor na pel e nos ollos era insoportable. Imaxinádevos o dano que fará no mar tan pronto chegue este hipoclorito. E esto tirábase polo desagüe... si si, polo desagüe que desenbocaba e sigue desembocando sen control na ensenada da "Arnela" do Cabo Vilán... en plena ¡¡¡REDE NATURA!!!. E limpiábanse cerca dunha ducia de tanques ao día cando estaba eu traballando alí, que estaba a factoría ao 40% de productividade. Hoxe en día, que está no 100% non sei cantos tanques se limparán ao día, só temos que preguntarlle a empresa de productos químicos "BRENNTAG Iberia" cantos depósitos de 500 litros de Hipoclorito Sódico e Formol lle manda a Stolt Sea Farm de Camariñas semanalmente.
So quero deixar unha pregunta no aire: ¿Por que a Stolt Sea Farm se lle deixou facer tal ruina no Vilán? ¿Acaso non podían facelo noutro sitio? ¿Temos vontade de fulminar o noso rico patrimonio natural por facer MUCHIMILLONARIOS a catro?
Coma sempre digo, non o entendo.. pero si que o entendo."
Foro de Debates adicado ás prantas acuícolas no que podedes ver a carta anterior
Comentarios
Eu que levo fora do pobo un tempo entristeceme ver a CATARATA DE MERDA,, si si MERDA con todas as letras e en maiusula.
E preguntome eu, ¿ porque non conectan un lado de una mangueira a os tanques e o outro lado o enchufan no cú dos jefes de saltsea farm,? a ver si a eles lle fai gracia.
saludos alcalde nas proximas eleccion xa nos veremos(ou antes)
PD: Tampouco sei como a xente se pon a pescar xusto o lado das cataratas...
1º¿Alguén fixo unha análise desas aguas para saber si son nocivas ou non? En caso contrario sería muy sencillo. Todo sería coller unha mostra desa agua para analizar (na farmacia mismo) e que alguen ententido nos fixese unha valoración.
2º¿Cales serían as alternativas de creación de emprego e riqueza, diferentes a estas picifactorias?
2º A segunda pregunta tería demasiadas respostas para tratala aquí. Iso faise no foro que está habilitado para este tema.
Srs. do PP, o tempo das ameazas acabáronse cando metemos a paco franco baixo terra! Dénse conta que ese modus operandi xa ninguén o comparte. É tan barolento e casposo que hasta sinto vergonza allea.
Traballen polo concello e non se dediquen a tirarse trastos uns ós outros.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.