4.68 1 1 1 1 1 Rating 4.68 (25 Votes)
Con motivo dunha charla sobre a igualdade de xénero que tivo lugar na tarde do martes 30 de Outubro, as alumnas da Escola Taller Aldea Madeira que así o desexaron, fixeron a súa estrea oficial servindo un ágape preparado por elas mesmas a todas aquelas persoas do noso concello que non quixeron perderse tan interesante charla e se acercaron pola Casa de Pedra de Camariñas. Para ler a noticia completa e ver unha pequena galería das máis fermosas camareiras e cociñeiras da Costa da Morte en acción pulsa na foto principal.

As nosas rapazas prepararon uns entremeses suculentos cunha presentación á vista practicamente perfecta, dunha gran beleza plástica, que xa fixeron que o redactor de camarinas.eu comera cos ollos. Despois, o sabor, ¿que imos decir? era como se houbese unha festa na nosa boca e todo o mundo estivera invitado. Desgraciadamente as catro pupilas preferidas de camarinas.eu (Paula, Vanessa, Tania e Pili) non se viron con forzas suficientes para afrontar este reto e por iso preferiron asistir como degustadoras dos exóticos manxares preparados polas súas compañeiras de mandil.

Despois dunha cata exhaustiva o redactor de camarinas.eu, home dun paladar exquisito, e mestre del buen yantar, cunha experiencia atesorada nos máis variados restaurantes, bares e casas de comidas de toda a redonda e máis alá non pode mostrarse máis orgulloso da labor que están a facer os mestres de hostelería e cociña da nosa escola taller. É desexo desta redacción para que no futuro se poideran dar as condicións necesarias que todas estas rapazas desenvolveran a súa labor restauradora no noso Concello, porque iso significaría que Camariñas sería un punto de atracción turística de primer nivel servido por un persoal de alta capacidade profesional, tal e como na tarde deste martes, afortunadamente, este humilde (e famento) reporteiro tivo ocasión de comprobar.

Comentarios   

Mortician
+1 # camariñasMortician 31/10/2007 12:10
Esta muy ben.Porque normalmente a juventude non quere estudiar,e poreso a escuela taller dalle uhna posibilidade de ter un Futuro con mais esperanza...... ......Saludo Diego
Responder | Denunciar ante o administrador
uXi
+1 # RE: Estreo oficial das alumnas da Escola Taller na Casa de Pedra de CamariñasuXi 02/11/2007 21:35
A miña prima Mayte é o maximo :D
María sales guapisima también!

Un besiño para las dos ;-)
Responder | Denunciar ante o administrador
currodetras
+1 # esta bencurrodetras 03/11/2007 01:10
pos si que esta ben,a pena e que non poidan quedar todos-as a traballar els mismos na "ALDEA MADEIRA",daria gusto ver todo aquelo con elas ali.Pero animo mozas si non e nun lado sera noutro
Responder | Denunciar ante o administrador