5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (33 Votes)

Un pobo enteiro en pe de guerra

En Merexo non quedou un poste sen o seu cartel de protesta
En Merexo non quedou un poste sen o seu cartel de protesta

A imaxe non podía ser máis impactante: todos os que hoxe percorreran o camiño que leva da Praia de Lago a Muxía ao pasar por Merexo verían centos de carteis contra a ampliación da granxa de Prodemar en Merexo, que o alcalde muxián Félix Porto defendeu nas noxas páxinas nunha recente entrevista. Nin un só poste telefónico  estaba libre do seu cartel correspondente, nin unha soa parede das casas que bordeaban a carretera carecía da súa pancarta. Merexo daba hoxe a imaxe dun pobo en pe de guerra. Nin un só espacio público librábase da súa anguriante chamada de socorro.

A gran maioría dos seus veciños, os cales recentemente manifestábanse en Camariñas con ocasión das xornadas celebradas  na Casa de Pedra sobre acuicultura, entenden que a ampliación de Prodemar traerá consigo a destrucción física da beleza natural da parroquia muxiana, dos seus recursos naturais e de parte sustancial dos da Ría de Camariñas. Preguntado ao respecto por camarinas.eu, Rubén Faraldo director adxunto en Prodemar, deriva responsabilidades cara a Xunta de Galicia ao responder que eles "só constrúen alí onde a administración autonómica llo permite", contando ca autorización correspondente da Xunta. Os veciños, entretanto, culpan directamente ao Alcalde muxián, á conselleira de pesca e ao Presidente da Xunta Touriño. En calquer caso, en Merexo está a piques de estalar unha enconada polémica de grandes proporcións. Pulsa en "Ler Máis" para ver as fotos e as novas relacionadas co tema. 

 Enlaces Relacionados con esta noticia

 Fotos de Merexo deste Martes 16 de Outubro de 2007


 

Comentarios   

reira
0 # reira 16/10/2007 20:41
eu bexo ben que protesten que a conta de que os peixes jordos se enriquezan acaben cos parajes e vistas tan bonitas que temos no entorno da nosas rias que non hay cousa tan bonita no mundo e coma todas as cousas non se saben ni lle damos importancia asta que esto se perde despois envez de paisajes parecen centrales nucleares eu eston dacordo co que estan facendo estes veciños e desde aqui (ANIMOS E NON DEIXEDES QUE VOS QUITEN O QUE E VOSO QUE DESPOIS JAMAS SERA RECUPERABLE)ANI MOS
Responder | Denunciar ante o administrador