4.1775700934579 1 1 1 1 1 Rating 4.18 (107 Votes)
Soto e O Soco, dúas leyendas de camarinas.eu sempre dispostas a mostrar ao mundo as belezas de Camariñas
Soto e O Soco, dúas leyendas de camarinas.eu sempre dispostas a mostrar ao mundo as belezas de Camariñas
 

Os Últimos Mohicanos

Na sofocante e tropical tarde do domingo 23 de maio de 2010 tres leyendas vivas de camarinas.eu puxéronse en camiño para levar a cabo unha singladura de tintes épicos. Trataban baixo condicións extremas, cunha calor sofocante, a través dunha baixamar oceánica, de chegar en kayak ata a ponte romana que dende hai miles de anos reina sobre o Río Grande. Pero o que de verdade pretendían, influidos por toda unha vida de estímulos audiovisuais externos, era emular ao Humprey Bogart de "La Reina de África", arrastrando a través de manglares e fondos fangosos unha embarcación esquiva; de recordar aquelas viaxes en canoa polo Río Hudson das tribus iroquesas e mohicanas, sempre en eterno combate mortal; de homenaxear ao film "Apocalypse Now" e a novela que lle dou vida "El Corazón de las Tinieblas", sempre omnipresentes cando da remontada dun río se fala. Unha viaxe, en definitiva, realizada baixo influencias cinematográficas a través da cal Juan Camariñán, O Soco e Zhúkov chegaron a descubrir as belezas inexploradas e os secretos ocultos dun río descoñecido, o Río Grande.
 

Todo o proxecto da viaxe surxío nas primeiras horas da noite do venres 28 de maio no Café Bar Arnela, cando nas brumas provocadas polos Jack Daniel's Con Coca-Cola e dulzóns cócteles de inspiración tropical, tres amigos comenzaron a esbozar as primeiras liñas do que constituía un proxecto descabellado: unha desas reportaxes típicas de camarinas.eu que a forza dunha dura loita contra a natureza e os elementos consigue imaxes imposibles: fotografías nunca antes publicadas. Así na bochornosa e sofocante tarde do domingo 30 de maio de 2010, estos tres vellos compañeiros de andanzas xornalísticas puxéronse en camiño marcando no seu cuaderno de derrota como primer destino toda unha institución do patrimonio arqueolóxico do Barrio de Corea: a Rampla de Aguiar. Tras recordar tempos de adolescencias xa idas, visitar unha furna experta coñecedora de todo tipo de deposicións intestinais e pisar o leito suave, frondoso, das súas areas multicolores despedímonos deste triángulo histórico, antigo lugar de desembarco da extinta fábrica de conservas propiedade da familia Aguiar, desexando de todo corazón que o futuro trazado da 1ª Fase do Paseo Marítimo dende o Porto ata Area da Vila respete unha das pequenas xoias arquitectónicas de Camariñas.

Antes de encarar a travesía polo Río Grande toca alimentar o maxín ca visión dos esculturais corpos das belezas camariñanas que pasan a tarde na Praia de Lingunde: alimento espiritual necesario para os amargos sinsabores que a singladura nos ten preparados. Por aquelo de economizar forzas, faise remolcar a expedición de camarinas.eu pola lancha do percebeiro Tono, presente naquel momento nas inmediacións. Tras este pequeno avituallamiento visual, e sós xa frente a inmensidade da tarea a acometer, tras pasar por Mosojondón faise entrada en terreos da parroquia de Xaviña, deixando á nosa esquerda un ateigado areal dominguero do Ariño. Xusto ao carón da Cetárea de Mon comenzan os problemas: a baixamar oceánica fai imposible continuar avanzando cas piraguas. A semellanza dos héroes dos western os tres portagonistas da nosa noticia descabalgan das súas cabalerías e tremando delas polas rendas comenzan a queimar etapas. Unha vez superado o fértil areal que otorga sustento a tantas familias no noso concello, visítase nun recodo do río a así denominada Furna do Sapo, antigo cementerio de embarcacións. A osamenta dunha vella nave danos a benvida, sendo perfectamente visible o seu motor Ayón ("aqueles que incluso debaixo das augas, co barco afundido, seguían funcionando"). Plantéase entre os protagonistas a posibilidade de que o esqueleto marino pertenezca ao Mirlo, unha das primeiras embarcacións dos Cerdeiras, sin que se chegue a un acordo neste punto.

Prosiguen os tres kayakistas a súa singladura, por ribeiras nas que a densa vexetación trae recordos das canoas indias de tribus iroquesas e mohicanas, sempre en guerra constante ata que, segundo a novela de James Fenimore Cooper, o último dos mohicanos foi aniquilado; adéntrase a expedición en terreos do Club Náutico de Dor, en realidade, Real Club Náutico de Dor, onde con fango ata as rodillas encárase posiblemente a parte máis dificultosa da travesía. Unha vez superado o así denominado "Juncal", chega a expedición ao Castelo de Cereixo, aproveitando O Soco para levar a cabo unha perigosa e suicida tentativa de rafting a través dos "rápidos" do Muiño de Cereixo. Tras deixar atrás uns terreos nos que novamente o fango negruzco era o rei encárase o tramo final da singladura, nembargantes esa mesma marea baixa que se convertío no principal obstáculo da travesía impedirá a uns sesenta metros escasos da meta que camarinas.eu logre o seu obxectivo: cruzar a ponte milenaria. A posibilidade de facer a pe o tramo que separa aos nosos tres piraguistas do seu obxectivo desbótase ante o risco de atopar cristales polo leito do río. Polo que non queda máis que sacarse as pertinentes fotos de rigor e emprender a ruta de regreso aproveitando o fluir do Río Grande a favor. A consecución do obxectivo quedará para outra expedición.

{multithumbs}

Comentarios   

Beldoña
+2 # RE: Singladura en Kayak ata Ponte do PortoBeldoña 04/06/2010 18:10
Unha e mil veces percorremos esta misma ruta cos catro inseparables amijos da infancia: Toño Ballester, Paco de Roque, Alejandriño e mais eu, a bordo da inesquecible Perica de Pardiñas? E, hoxe, embarcado con vosos retratos a a miña imaxinación, volvín a recordar cada un deses recunchos que me levaron novamente a miña infancia.
Jracias, amijos, por levarme voando con vos.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
seran7989.
+2 # singladura polo rioseran7989. 04/06/2010 22:09
Justoume este reportaxe,e que marea tan baixa,un recorrido ben bonito.
Responder | Denunciar ante o administrador
rodriguezlemamaricarmen55
+2 # Espectácular!rodriguezlemamaricarmen55 05/06/2010 20:31
Cómo es costumbre es un deleite ver las imágenes de camariñas.eu y realizar la singladura por el Río Grande con uds. a la distancia poder apreciar esa BELLEZA!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
O SOCO
+2 # RE: Singladura en Kayak ata Ponte do PortoO SOCO 05/06/2010 23:30
Moi bonito reportaje
Responder | Denunciar ante o administrador
silvio rodriguez
+1 # RE: RE: Singladura en Kayak ata Ponte do Portosilvio rodriguez 06/06/2010 20:15
en que andarás!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
lee
+2 # RE: Singladura en Kayak ata Ponte do Portolee 06/06/2010 16:36
muy ben un bo reportaje para lembrar os bonitos recorridos da nosa costa e rias
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+1 # RE: Singladura en Kayak ata Ponte do PortoE logo ti de quen es 10/06/2010 11:06
Precioso paseo por la Ria de Camariñas, !que envidia¡, desde Madrid contamos los dias para disfrutar del Rio Grande.
Responder | Denunciar ante o administrador