Unha mañá na Escola Taller de Camariñas

Este luns 1 de Outubro de 2007 comenzaba unha nova edición da Escola Obradoiro de Camariñas "Aldea Madeira". A primeira fase do obradoiro de emprego desarrollarase nas aulas do Centro Municipal de Iniciativas Empresariais "Ramón Noguera Oreiro" (C.I.E.)  sita na rúa Río do Prado e a segunda fase  terá lugar nesa paraxe idílica que é o Complexo Turístico "Aldea Madeira" situada en Brañas Verdes. A financiación realizase integramente pola Consellería de traballo da Xunta de Galicia, nembargantes a xestión integral de todo o proxecto farase dende o Concello de Camariñas.

Unha mañá na Escola Taller de Camariñas

Con alumnas tan guapas esta escuela taller seguro que será un exito
Con alumnas tan guapas esta escuela taller seguro que será un exito

Este luns 1 de Outubro de 2007 comenzaba unha nova edición da Escola Obradoiro de Camariñas "Aldea Madeira". A primeira fase do obradoiro de emprego desarrollarase nas aulas do Centro Municipal de Iniciativas Empresariais "Ramón Noguera Oreiro" (C.I.E.)  sita na rúa Río do Prado e a segunda fase  terá lugar nesa paraxe idílica que é o Complexo Turístico "Aldea Madeira" situada en Brañas Verdes. A financiación realizase integramente pola Consellería de traballo da Xunta de Galicia, nembargantes a xestión integral de todo o proxecto farase dende o Concello de Camariñas.

Hai xa moitos anos que tivo lugar no noso Concello de Camariñas a primeira escola taller. Entón desarrollouse na nova Praza do Mercado, despois as súas clases desenrroláronse na actual Casa de Pedra para posteriormente acabar radicando no actual Centro de Iniciativas Empresariais o cal está pegado ao Centro de Saúde (Clínica). Moitas foron as persoas que poideron acceder a unha formación humana e profesional nos máis variados eidos profesionais: Acuicultura, carpintería, albañilería, xardiñería e, este ano hostelería. Moitos son os soños que o noso querido obradoiro de emprego fixo que se cumpliran e moitos máis sen dúbida cumplirán os xóvenes camariñáns que este luns comezaban esta nova Escola Taller.
Camarinas.eu non podía deixar pasar a ocasión de toma-lo pulso á nova edición do obradoiro de emprego que comezaba esta semana. Por iso, na mañá do Martes dous de Outubro un dos nosos redactores acercouse ao C.I.E. co fin de coñecer a situación, as impresións, as ilusións destes novos xovenes que esperanzados comezan unha nova etapa na súa a vida: a de formarse para poder labrarse un bo futuro profesional. Perdido polos pasillos do centro, o reporteiro ao final acabou encontrando nunha das aulas as posiblemente catro xóvenes máis fermosas de todo este obradoiro e alí botou a súa ancla informativa para poder coñecer as súas impresións.

Estas son as preguntas que lles realizamos:
  1. Idade
  2. Procedencia
  3. ¿Por qué estás na Escola Obradoiro?
  4. ¿Cres que terás futuro en Camariñas co que estás a estudar aquí?
  5. ¿Qué tal os compañeiros?
  6. ¿Qué che pareceron os profesores? 

 Vanessa López Tajes (Animadora Socio-Cultural)

Vanessa
Vanessa

  1. 20 anos
  2. Camariñas
  3. Para quitar o graduado escolar e para aprender un oficio que creo que ten futuro e tamén para facer cousas novas e, como non, pasalo ben.
  4. Eso espero, aínda que en Camariñas non haxa moito traballo.
  5. De momento bastante ben porque xa coñecía á maioría deles.
  6. Criminal! moi simpáticos. Colaboran moito connosco e esforzanse ao máximo por nos. 

Pilar Carballo Campaña (Cociñeira)

Pili
Pili

  1. 19 anos
  2. Camariñas
  3. Porque na casa non se fai nada e hai que prepararse para o día de mañá.
  4. Sí, porque espero que me collan para o Complexo Turístico "Aldea Madeira" que é un proxecto ilusionante e con moito futuro.
  5. Son algo tímidos e teñen moita vergonza, non coma min (risas)
  6. Ben, moi ben. Son moi agradables e saben conectar connosco e nos con eles. Lévome ben con todos pero especialmente ben co profesor de Cociña.

Tania Méndez Sar (Animadora Socio-cultural)

Tania
Tania

  1. 19 anos
  2. Carantoña (Vimianzo)
  3. Para sacar o graduado que aínda non teño e para facer este traballo que sempre me encantou.
  4. Se consigo acabar o curso conéxit (que espero que si) tentarei facerme cun traballo dentro deste sector profesional. E se é en Camariñas, ¿que máis podo pedir?
  5. Ben, non os coñezo moito pero a primeira impresión foi moi agradable.
  6. Moi ben, especialmente con Bernardino.

Paula Rey Martínez (Cociñeira)

Paula
Paula

  1. 20 anos
  2. Santa Mariña (Camariñas)
  3. Estou aquí porque me parece moi interesante e divertido este oficio de cociñeira.
  4. Sí, creo que sí porque esta é unha zona con un increible potencial turístico aínda sen explotar no que creo que me podo abrir camiño como cociñeira.
  5. Ben ben! Moi agradables todos.
  6. Moi ben, eles fan un traballo moi difícil: que venzamos a timidez dos primeiros días. Son moi abertos e comprensivos.
Dende camarinas.eu só queda desexar sorte a todo-los integrantes da nova escola taller, e en canto a nosas catro alumnas predilectas tede en conta que dende esta redacción seguiremos paso a paso, punto por punto, a traxectoria estudiantil e académica que agora comenzades. Non vaia a ser que vos despistedes. Camarinas.eu, como uns auténticos pais adoptivos será implacable con vós.


Comentarios   

uXi
0 # uXi 02/10/2007 23:13
Tania!!! wapisima!!
Responder | Denunciar ante o administrador
voncho contar a ti
0 # voncho contar a ti 02/10/2007 23:34
Vanesa es ben fermosa , a vosa raza e de mulleres guapas.
Responder | Denunciar ante o administrador