3.7555555555556 1 1 1 1 1 Rating 3.76 (90 Votes)
Lass, contempla absorto a Vila de Camariñas dende as alturas rochosas de Penafreu
Lass, contempla absorto a Vila de Camariñas dende as alturas rochosas de Penafreu

Viaxe aos confíns do mundo

Nos confíns septentrionais da parroquia de Camariñas, máis alá incluso de Mourín, atópase dende o inicio remoto das eras xeolóxicas do planeta o conxunto rochoso de Penafreu. Territorio que marca a fronteira natural entre Camariñas e Xaviña, evocado na memoria colectiva por lendas apócrifas que falan dun antigo  e desaparecido asentamento da cultura castrexa, altura xeoestratéxica dende a que se dominan os catro puntos cardinais, tendo aos seus pés as vilas de Xaviña e Camariñas, á Ría do mesmo nome, o Santuario natural de Reira e que permite vislumbrar no horizonte Muxía. Camarinas.eu nos días centrais de xullo de 2009 acometeu dende o centro base do Cotariño e nunha compañia excepcional dúas viaxes consecutivas ata un conxunto natural onde a pedra deixou de ser o rei en beneficio duns xeneradores eólicos que acabaron por adueñarse de todo o entorno.

"He llorado en el entierro de la pobre Diana, y lo confieso sin rubor. Era un amigo el que se había muerto y los amigos son bastante raros, ya sean de dos o cuatro patas".

Nunha carta dirixida á súa filla Paulinette, Iván Serguéievich Turguéniev (Oriol, 1818 - París, 1883), gloria das letras rusas, expresaba todo o dolor inconsolable que lle producira a morte da súa cadeliña favorita, Diana. Posteriormente, en 1871, adicaríalle un relato corto ao seu can de caza preferido Pegaso ("Adios, perro incomparable. Jamás te olvidaré. Jamás encontraré un amigo semejante"). Jack London, na súa mellor novela "Colmillo Blanco" facía que un can lobo nacido nas Terras Virxes de Alaska trabara amistade cun técnico de minas chamado Weedon Scott e a súa familia, chegando  incluso a salvar a esta dun asesinato certo. Antón Pávlovich Chéjov (propietario de dous célebres cans salchicha, Bromuro e Quinina, un dos cales chegaría a ser avó dun can propiedade de Vladímir Nabokov), a maiores de "La Dama del Perrito", convertía no seu relato corto "Kashtanka" en protagonista a unha pequena cadeliña ("xove e canela, de raza indefinida, de morro moi parecido ao dunha raposa"), a cal víctima de brutais malos tratos da man do seu dono, un carpinteiro alcohólico, nun día de xira etílica deste polas rúas de Moscú pérdese, sendo atopada por un artista circense que co seu trato amable e agarimoso logrará que Kashtanka se convirta nunha das maiores atraccións do circo, ata que un día recoñece entre o público ao seu antigo amo,retornando fatalmente xunto a el. E finalmente, o tercer disco dos grandiosos e sempre excesivos Led Zeppelin, publicado en 1970, contiña a pequena xoia "Bron-Yr-Aur Stomp", na que un atribulado Robert Plant ao intentar explicarse as razóns de por que un amor pode ser tan forte cando tantos acaban tan mal ("Ah can your love be so strong?, When so many loves go wrong, Will our love go on and on and on and on and on and on?"), evoca as súas relacións non cunha fermosa dama senón cun fiel collie chamado Strider, co que os membros de Led Zeppelin percorrían os camiños que circundaban a pequena cabana situada en South Snowdonia (Gales) onde descansaban das maratonianas xiras mundiais nas que cíclicamente se embarcaban e onde preparaban un novo disco co que abraiar ao mundo.

Trátase de tan só catro exemplos, pero as relacións de amistade entre un home e un can datan da orixe dos tempos e foron reflexadas recurrentemente polos artistas dos máis diversos campos, por elo cando na voráxine provocada nos días centrais do mes de xullo de 2009, fuxindo do mundanal ruido, decidín botarme aos campos, percorrer tódolos camiños ancestrais da Vila de Camariñas en busca de materiais para intentar compoñer unha serie de reportaxes que quedaran para o recordo, fíxeno tan só na compañía de dous cánidos: Lass e Bénder (con ese aire innegable de raposo), os mellores amigos, os máis fieis compañeiros. Chegados dende Madrid, salvados das mesmísimas fauces da morte por unha Protectora de Animales, parecían transmitir a todos os que convivíamos con eles o cariño e esa sorte de alegría de vivir contaxiosa que só coñece aquel que escapou por mui pouco dunha morte certa e anónima. Xunto a eles retratei centos de metálicos, ducias de cabazos, os escombros que tinguían os camiños de Camariñas dunha alfombra multicolor, xuntos tostamos os nosos coiros ao sol en Reira, visitamos antigas minas abandonadas nos cumes que a dominan ou asomamos os nosos fuciños cara o vacío nos acantilados pétreos de Penafreu en dúas sesións consecutivas o 20 de xullo e 7 de agosto de 2009.

Penafreu, un lugar dotado dunha lenda misteriosa e remota, posible base dun antigo castro dos que serían os primeiros poboadores de Camariñas, altura estratéxica que permite dominar á vontade os catro puntos cardinais, a terra e o mar, alí comprobamos como os xeneradores eólicos acabaron por expulsar ás antigas deidades celtas nun combate incruento do que a modernidade sempre sae vencedora. Os muiños eólicos coroados como novos reis da mitolóxica cidade estado de Penafreu. Pero este prehistórico conxunto rochoso foi tan só un dos destinos acometidos nun vran pródigo en viaxes de exploración en compañía de dous amigos fieis e agradecidos e que agora ca chegada das primeiras e abundantes chuvias otoñais evoco baixo a mirada atenta dun Bénder, este raposo, que deitado ao meu carón non perde unha liña esperando que se conte todo tal como foi. Mentras, Led Zeppelin soa de fondo:

"As we walk down the country lanes,
Ill be singing a song,
Hear me calling your name.
Hear the wind within the trees,
Telling mother nature bout you and me".

(Mientras recorremos los campos,
iré cantando una canción,
me escucharás decir tu nombre,
escucharás al viento entre los árboles,
hablarle a la Madre Naturaleza sobre tu y yo).

Engadir un comentario