Corren épocas nas que os hórreos ou cabazos volven a estar de moda, alomenos en Camariñas, especialmente para Juan Salvador Gaviota (JSG), o usuario de camarinas.eu que convertío á cámara fotográfica nun apéndice máis do seu corpo biónico, o cal percorreu incansablemente as terras do Concello en artística peregrinación captando todos aqueles cabazos que durante tantos anos constituiron o graneiro que dou de comer a todo un concello en permanente autarquía económica para despois, a partir das épocas do desarrollismo español dos anos 60 caer víctimas dun feísmo que nos bos tempos do "ti fai" chegou ao seu paroxismo iconoclasta mutilando brutalmente decenas de obras artísticas fruto do talento labrego. Outros muitos foron víctimas do paso dun tempo inclemente e desagradecido. De todo elo deixa constancia camarinas.eu nunha reportaxe de máis de 250 imaxes resultado da colaboración entre JSG e Zhúkov.

O Cabazo, epicentro da alma agrícola de Camariñas

Corría o ano 730 cando na oriental cidade de Bizancio, a inmortal e milenaria Constantinopla (actual Estambul), o Emperador León III mandaba destruir toda representación cristiana de figuras relixiosas ou do Evanxelio. Daban así comenzo as guerras iconoclastas, que conlevaron a demolición de tantas e tantas obras de arte, a incineración de tantos e tantos iconos relixiosos e a morte de tantos e tantos inocentes nunhas guerras de relixión que se extenderon dunha forma ou outra ata que no ano 843 a Emperatriz Teodora reinstaurou de forma definitiva o culto dos iconos, satisfacendo desta maneira á maioría da poboación das actuais Grecia e Turquía. Despois, todo aquelo quedaría reducido a polvo e daquela civilización só quedaría constancia nos libros de historia tras caer Constantinopla á mans dos turcos otomanos en 1453.

Ven esta introducción a conto da autodestructiva e indefinible ansia iconoclasta que anida dentro da alma camariñana. Especialmente visible nas aberracións urbanísticas que dunha punta a outra do noso concello enchen de cicatrices as máis diversas construccións históricas ou aqueles vellos daguerrotipos de cor sepia que indicaban a existencia dunha antiga casa de labranza, un albo fogar mariñeiro ou unha coqueta edificación burguesa onde agora mora un monstruoso bloque de cemento, vertical cara un ceo que xa se cansou hai tempo de chorar bágoas de desesperación ante tanta estupidez humana. Basta con percorrer os camiños de Buría, o gran fogar do cabazo dentro do noso reino, para contemplar atónitos as barbaridades que en nome da modernidade foron cometidas na máis antiga e histórica parroquia do concello. Aquela mesma na que os seus distintos e innumerables lugares estaban unidos por camiños de pedra, calzadas de losas pétreas que evocaban a antiga Roma para agora ver malos camiños de asfalto cunha gravilla que pulveriza cunetas ou firmes dun formigón que admitío as máis terribles formas de mutilación e incompetencia constructiva.

Pero aínda así, centos de cabazos a pesar das feridas sufridas érguense orgullosos e desafiantes nos nosos campos, vestixio dunhas épocas xa pasadas e constituindo a mellor homenaxe posible á alma agrícola, campesina e gandeira que en armoniosa irmandade existío co carácter predominantemente mariñeiro das nosas terras. Esta dualidade da alma camariñana ten o seu exemplo paradigmático nos anchos campos buriáns, onde á volta dunha dura xornada no mar collíase a sacha e enfilábase directo o camiño da imprescindible e vital leiriña. Corrían tempos duros, tempos de supervivencia, tempos xa idos  e dos que só quedará constancia a través da pétrea maxestuosidade duns cabazos que permanecerán sobre esta terra maldita e pecadora cando todos nos xa estemos reducidos a polvo. Ata o día do Xuizo Final.

Comentarios   

kecho
+5 # RE: Reportaxe dos Cabazos de Camariñaskecho 23/09/2009 00:30
ESTÁ CLARO O MÁIS BONITO É O 199-200....
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+7 # RE: Reportaxe dos Cabazos de Camariñasrubiasexy 23/09/2009 10:59
muy bonitos fotos si señor fasedes majas mira lucia e mais marcos q wapos asi mejusta fasedes majas viva camariañas sefa eos pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # RE: Reportaxe dos Cabazos de Camariñaslucia018 23/09/2009 12:10
Mira LuIS BES DECINDO que o mas bonito e o 199 e o 200 jajajaja!
Ainos mas bonitos ee Luis...
Por ejemplo o 105-e 99 jejje!!
Saluds
Responder | Denunciar ante o administrador
toxo
+4 # RE: Reportaxe dos Cabazos de Camariñastoxo 23/09/2009 14:19
ALGUNOS PROPIETARIOS,DE BERIAN DEJAR DE LADO ESE IMPETU INNATO PARA AFEARLOS Y DESVIRTUARLOS.
PUEDE TOLERARSE EL HECHO DE NO TENER LOS MEDIOS O LAS GANAS DE RESTAURARLOS,LO QUE NO SE PUEDE TOLERAR , ES LA ENORME CONTRIBUCION AL FEISMO URBANO QUE ALGUNOS HACEN AL PONER CEMENTO SOBRE LA PIEDRA PARA LOGRAR UN PEQUEÑO ESPACIO DE GUARDA QUE BIEN PODRIAN BUSCARLO EN OTRO LUGAR DE SU FINCA.
EN FIN,NO ES MI INTENCION OFENDER NI MOLESTAR,PERO SIEMPRE HAY TIEMPO PARA RECAPACITAR Y LOGRAR LA ARMONIA EN EL ENTORNO.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # RE: Reportaxe dos Cabazos de Camariñasmantida 24/09/2009 21:43
A min de cabasos 1,o 23, de cabasos 2 a 45 e de cabasos 4,o 36.
Responder | Denunciar ante o administrador