En ocasións as credenciais de xornalista (aínda que sexa aficcionado) tan duramente gañadas a través da publicación ininterrumpida de 1.345 noticias en pouco máis de dous anos abren as portas de lugares normalmente pechados ao común dos mortais. Chámase a esto a forza e influencia do "Cuarto Poder", se ben esta non deixa de ser unha web humilde e enxebre que abusou da súa amistade con Santiago Fernández Puentes, arquitecto de profesión, actual vicepresidente do Club Náutico de Camariñas e propietario das Torres de Cereixo, para visitar unha das principais xoias arquitectónicas da Costa da Morte nun veraniego e soleado atardecer de finais de agosto.

CASA-FORTALEZA DE LAS TORRES DE CEREIXO

"Los BERMÚDEZ DE CASTRO fueron señores jurisdiccionales de las Torres de Cereixo.

Las Torres de Cereixo son el nombre de la casa-torre de la feligresía de Santiago de Cereixo, ayuntamiento de Vimianzo, partido judicial de Corcubión, cuyos señores ejercían su señorío jurisdiccional en las feligresías de San Pedro de Carantoña, San Martín de Puerto y otras, juntamente con los patronatos de estas parroquias, y enterramientos en la Capilla de San Miguel, de la iglesia conventual de San Francisco, de la villa de Noya.

RUY BERMÚDEZ DE CASTRO, también llamado FERNÁNDEZ DE ACOSTA, y PÉREZ DE ACOSTA, se casó con INÉS DE MENDOZA y BERMÚDEZ DE CASTRO, hija de Francisco Bermúdez de Castro, el Viejo; y de María Rodríguez de Caamaño o de Guizamonde. Fueron señores de las Torres de Cereixo.

Tuvieron 10 hijos. Sigue la línea FERNANDO BERMUDEZ DE CASTRO, señor de las Torres de Cereixo y otras casas agregadas, patronatos, etc. Se casó con MARÍA DA COSA Y CASTRO. Tuvieron por hijo: ALDONZA DE CASTRO Y VILLAMARÍN, señora de las Torres de Cereixo y agregadas, en 1701. Casada con JUAN TABOADA y fueron causantes de los condes de Maceda."

Posiblemente, as orixes remotas das Torres de Cereixo surxiran na estela deixada polos drakkars vikingos que no curso da 2ª Invasión Normanda levaron a desolación e o saqueo ás costas da Galicia medieval. Entón surxe un robusto castelo defensivo vinculado a familias como ás dos Calo ou Carantoña que sufrirá a súa maior transformación no século XVII, cando aproveitando as dúas torres almenadas se construia un corpo principal que as una e que convertirá o que ata entón era un castelo nun pazo. Entón a planta baixa será utilizada como unha "hucha" na que os campesiños do lugar pagarán os foros aos seus señores e a pranta alta será utilizada como vivenda polos condes de Taboada e de Maceda. Desa época consérvase un patio interior no que sobrevive unha árbore centenaria (que compite en antiguedade co carballo milenario que acolle as festas de Cereixo) que posiblemente sexa o morador maís antigo do conxunto.
 
Con todo España non podía quedar aislada dos procesos sociolóxicos que estaba a vivir Europa a comenzos do século XX e así na década dos anos 20 a última propietaria aristocrática das Torres, unha condesa, víose obrigada a vendelas a Don Emilio Moreira, médico de profesión, simbolizando dita transacción o sometemento dunha moribunda nobreza frente ao empuxe dunha activa e inquieta burguesía. Iníciase así a propiedade da familia Moreira sobre as Torres de Cereixo durante a que incluso o edificio chegou a albergar unha escola e que remata en 1987 ca compra desta xoia arquitectónica por parte de Santiago Fernández Puentes, o cal aproveitou a súa profesión de arquitecto para levar a cabo unhas imprescindibles reformas o máis fieis posibles ca historia dun monumento histórico único.
 
Así, preguntado por vez milésima pola cor das ventanas e portas, Santiago cunha amabilidade e educación proverbial contéstanos que ese sempre foi o tono orixinal das mesmas, tal e como poden corroborar os máis antigos habitantes das proximidades, os cales foron consultados por Santiago nos momentos nos que acometeu unhas reformas que conlevaron o levantamento de muros de pedra ou a construcción dunha piscina no lugar que anteriormente albergaba un transformador eléctrico. Todo elo é comprobado por camarinas.eu no curso dunha incursión periodística na que observamos a gran e ordenada provisión de leña para o inverno que fará funcionar a calefacción, uns interiores que remedan unha decoración de estilo modernista e uns cuidados xardíns que dan directamente a unha das principais maravillas do románico nestas terras: a Igrexa de Santiago de Cereixo, de finais do s. XII. Todo o cal, carballo centenario, igrexa románica e torres históricas constitúen un conxunto histórico-arquitectónico de primeiro nivel do que camarinas.eu deixa constancia xornalística cunha reportaxe que espera esté a altura dun entorno máxico.
 
P.D.: esta redacción quere agradecer especialmente a Santiago Fernández Puentes a súa amabilidade e simpatía así como os coñecementos compartidos na visita realizada por camarinas.eu ás Torres de Cereixo o domingo 30 de agosto de 2009.

Comentarios   

duquesa
+3 # RE: Visita as Torres de Cereixoduquesa 15/09/2009 12:53
fotos preciosas si señor pensei que non tiña tanto terreno a verda.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+3 # RE: Visita as Torres de CereixoBeldoña 16/09/2009 17:55
Es un tesoro de los muchos que tiene nuestra comarca y del que todos debemos de estar orgullosos.
A sus dieños:enhorabu ena y cúidenlo que bien merece la pena.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
rodriguezlemamaricarmen55
+3 # qué bonitorodriguezlemamaricarmen55 25/09/2009 19:35
Hermoso lugar, gracias por las imágenes y por la historia.
Responder | Denunciar ante o administrador