3.6062176165803 1 1 1 1 1 Rating 3.61 (193 Votes)

Expedición e conquista do Vilán de Fóra

A Bandeira de Camariñas ondeou por vez primeira sobre as cumbres do Vilán de Fóra da man de camarinas.eu
A Bandeira de Camariñas ondeou por vez primeira sobre as cumbres do Vilán de Fóra da man de camarinas.eu

Na tarde do domingo 16 de agosto do ano de gracia de 2009 dende os pantaláns do porto de Camariñas púxose en marcha unha expedición que tiña un obxectivo nunca acometido anteriormente por medio de comunicación algún: a invasión e conquista  do Vilán de Fóra, a pirámide faraónica que culmina o conxunto pétreo máis desafiante e dolorosamente fermoso das salvaxes terras da Costa Atlántica. A citada expedición, conforme as leyes e tratados internacionais, ía poñer o pé nunhas cumbres prácticamente vírxenes para o ser humano para para izar simbólicamente por vez primeira na historia a bandeira oficial  do Concello de Camariñas. Desta forma camarinas.eu poñía fin as conmemoracións oficiais do fin de  semana no que cumprío dous anos de existencia e no que chegou aos 6.000.000 de visitas. Camarinas.eu procede a publicar unhas imaxes tomadas por vez primeira por un ser humano.


Contan daqueles esforzados e arcaicos alpinistas que a finais do século XIX comenzaron a coroar e conquistar para o ser humano os grandes cumes nevados das cadenas montañosas do Himalaya, dos Alpes e dos Andes que cando lles inquirían porque acometían tan sobrenaturais xestas, a conquista de montañas por enriba dos 8.000 metros, contestaban sinxelamente: "porque están ahí". Ou cando o malogrado Presidente dos USA John Fitzgerald Kennedy estableceu a principios dos anos 60 como obxectivo irrenunciable do seu país o de poñer o pe na lúa antes do final da década deixando a máis de un boquiaberto, zanxou a cuestión sinalando que "facemos estas cousas non porque sexan fáciles, senón porque son duras". E efectivamente duro, moi duro, foi subir as escarpadas paredes que cáseque verticalmente levan ata as cumes desoladas que coroan o Vilán de Fóra.

Os obxectivos que presidían unha acción en apariencia tan inconsecuente e descabellada, ademáis dos xa sinalados, eran dous: a conmemoración do 2º aniversario de unha realidade, a nosa web, tan importante na vida dos catro tripulantes que a bordo do Cirros ían a acometer tal acción e coroar a principal posesión do imaxinario colectivo dos camariñáns ca auténtica bandeira do Concello, posiblemente a única existente, cos colores azul marino e branco e co escudo municipal,  enseña bordada a man nos seus tempos por Dª Rosario Pasantes Carril, señora esposa de D. José Manuel Pensado Lista, Almirante da Flota Naviera de camarina.eu e experimentado patrón da expedición.  Desta vez tomaríase posesión dunha vez e para sempre  do Vilán de Fóra reclamando para Camariñas a posesión única, absoluta e eterna do Faro Vilán e de todo canto o circunda.

Mentras a expedición intrépida de camarinas.eu cunha aguda sensación de vértigo perpetraba unha xesta que en principio non parecía tan irreal, fóra, nalgún punto do ciberespacio, esa tolería que 24 horas antes cumprira dous anos e que sin ninguén saber moi ben por que chegara a convertirse nun xigante mastodóntico, acadaba a cifra de 6.000.000 de visitas. E ao mesmo tempo, tres dos principais responsables do acadado, cas espaldas pegadas a unha pétrea realidade, vían rodar rochas aos seus pes que caían repiqueteando polo muro vertical cara o vacío, cara un mar que por estas latitudes agochaba no seu seno xa demasiadas historias de náufragos temerarios. Finalmente, correspondíolles o honor de clavar a enseña nacional do concello máis diferente ao director de camarinas.eu, Diego Alonso Freire, e a un dos principais colaboradores da mesma dende sempre, pero sobre todo amigo, compañeiro e artista, Soto (o inmortal Juan Camariñán). Precisamente, por ser a única bandeira existente do concello, non poídamos deixar ao albur dos ventos e dun mar asesino tan preciada xoia, e por elo como símbolo da conquista e da toma de posesión, recreando a xesta dos Héroes da Toma do Illote de Perejil, unha bandeira do Real Club Deportivo de La Coruña, quedou para que as xeracións vindeiras recorden o conseguido por un puñado de camariñáns nunha prácida tarde de agosto. O máis importante, a conquista para o Concello de Camariñas dunha posesión única e irenunciable, xa estaba feito. Agora tan só queda que as Leis da Guerra e o Dereito Internacional o recoñezan. Non lles quedará máis remedio.

Comentarios   

rubiasexy
+6 # RE: Conmemoracion do 2º Aniversario de camarinas.eurubiasexy 21/08/2009 16:00
QUE BONITAS FOTOS ESAS SI SON FOTOS EU OS VIDIOS NON SON CAPAS DE VELOS CHE O SERA QUE XA ME POÑO NERVIOSA MIMA CANTO TRABALLASTEDES PARA QUITAR TANTA FOTO GRASIAS SEFA E OS PEDROS VIVA CAMARIÑAS EU
Responder | Denunciar ante o administrador
pinguino
-4 # RE: Conmemoracion do 2º Aniversario de camarinas.eupinguino 21/08/2009 17:54
fasedes majas o carallo as fotos estan criminal pero pudestesdes coller algun perseviño que estan mui bos jajajjajjajaj chau
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
-4 # RE: Conmemoracion do 2º Aniversario de camarinas.eulucia018 21/08/2009 21:11
Buff que me do ai por esas pedras...pero moi Bonitas todas as fotos....que ben o pasades jejej..saludos
Responder | Denunciar ante o administrador
Machote
-2 # RE: Conmemoracion do 2º Aniversario de camarinas.euMachote 21/08/2009 23:34
as gaivotas as poucas que quedan no vilan van a vir todas po pueblo
Responder | Denunciar ante o administrador
perillan
-2 # RE: Conmemoracion do 2º Aniversario de camarinas.euperillan 22/08/2009 00:27
Bueno a verdade a algún dos valientes expedicionarios co mono blanco, faltalle o casco para parecerse a Jhon Glenn cando pisou a lua jajaja, estades algo rachados (ou muito) pero a reportaxe e xenial e as fotos impresionantes, \"CHAPEAU RAPACES\"
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
-4 # TEMPOS VIRAN...Beldoña 22/08/2009 00:47
Conta a tradisión que alá polo ano 1717,mentras os partidarios de Juana de Trastamara,casa da con Alfonso V de Portugal, se batía en armas contra as tropas de Enrique IV de Castilla,na Guerra de Sucesión ,e ,a 40 millas de Cabo Villano,tiña lugar outra contienda naval que enfrentaba a unha carabela cargada de ouro procedente das Américas e o barco de Barbanegra,disc ípulo do non menos famoso Capitán Kidd.Nesta ocasión o pirata saío vensedor e afundío o navio español.Fálase que Barbanegra,para salvagardar o seu presiado botín,soterroun o e plasmou un plano,xa perdido,con esta leyenda “ …guardolo sixilosamente per más de cuarenta días con las suas respectivas noches,…en medio de unas rochas de las que manaban nieves perpétuas,blanc as como la mismísima espuma del mare que circunscribe la insula…Contrast a con las calores quasi tropicales del lugar,máxime cando se carrexan tesouros hasta la cúspide….Páxaro s de mil colores contemplan atónitos como socaba pasadisos semellantes a los utilisados por Ransés I, en la gran Pirámide…a la ves que,manxaba suculentos juevos de aquellas aves paradisíacas…(p rosije)…Tempos virán onde unha bandeira semellante a nostra piratería, ondeará en la sima y, a modo de espantallo,esca llará a los pajarracos de aquel lujar…Más su tesouro…permane cerá en sus entrañas hasta la eternidad…”Dixi.

Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
cabreja
-4 # RE: Conmemoracion do 2º Aniversario de camarinas.eucabreja 22/08/2009 21:04
Increíble o reportaje e as fotos espectaculares. Dos mellores q recordo desde fai tempo.Sí señor, unha maneira sensasional de selebrar o 2º aniversario desta página sin ijual.
Pero polo q vexo Marcos sije sin atreverse a escalar,je,je.. . Que pasa Marcos tes vértijo?
Saludos desde Barcelona
Responder | Denunciar ante o administrador
Gengis Kam
-4 # Saludos CamariñasGengis Kam 23/08/2009 19:26
Muy buenas fotos.
Desde el 8 de Agosto hasta el día 15 de este año,mi mujer y yo hemos estado hospedados en el Hotel Rustico Puerto Arnela...habita ción 102... MUCHAS GRACIAS por las atenciones que tuvieron con nosotros volveremos..... por cierto no sabíamos de esa faceta de conquistador del dueño del Hotel.
Un fuerte abrazo para todos.
Responder | Denunciar ante o administrador