4.8842975206612 1 1 1 1 1 Rating 4.88 (121 Votes)
Semellando ás illas dun arquipélago, centos de metálicos atópanse espallados ao longo do noso concello
Semellando ás illas dun arquipélago, centos de metálicos atópanse espallados ao longo do noso concello

Archipiélago Metálico

Desperdigados, espallados, ocultos no medio de bosques, montes e leiras un anónimo e poderoso archipiélago de metálicos cerca as heredades, fincas e predios camariñáns. A picaresca española elevada á categoría de arte pola necesidade fixo fortuna no noso concello reciclando moitos dos metálicos que daban soporte a aqueles mullidos e criminales colchóns de espuma que tantas espaldas arruinaron e tantos lumbagos trouxeron consigo. Despois de máis de dous meses de rastrexamento intensivo, camarinas.eu rende a debida homenaxe a unha das institucións camariñanas clave: o metálico cercador de heredades. Camarinas.eu procede a publicar unha amplia galería fotográfica que retrata definitivamente a Camariñas como o Imperio do Metálico.

Foi nunha parada debido ao cambio de ancho de vía na fronteira que separaba alá a finais dos anos 50 á China comunista de Mao Ze Dong da Unión Soviética, cando o xornalista Ryszard Kapuscinski chegou a unha conclusión que polo tráxica non deixaba de ser do máis acertada: á vista do alambre de púas que delimitaba claramente o que a partir de entón sería territorio soviético, o gran mestre de xornalistas de orixe polaca concluío que a fabricación do alambre de espino era a principal industria soviética co seu peso de centos de miles de toneladas empleadas en cercar todo o conglomerado de illas do Archipiélago GULAG, os campos de traballo, as cárceres, uns  orfanatos inmundos e unhas fronteiras que impedían entrar aos alleos pero tamén saír aos propios.

Salvando as distancias e tendo como único común denominador o material empregado (aceiro non galvanizado e polo tanto oxidable), un observador persa que acabara de chegar a Camariñas e non tivera coñecemento algún da nosa realidade tras unha volta polas corredoiras de Buría ou polos camiños que conectan as alturas que dominan o barrio do Campo, podería chegar a paralela conclusión á do xenio polaco á vista dos centos de metálicos que como illas dun virtual e incorpóreo arquipélago ocúltanse no máis frondoso e espeso dos bosques e montes camariñáns en perfecta simbiosis e comunión cunha natureza frenética e aguerrida: o metálico como principal industria camariñana.

Con todo, os tempos cambian, os ídolos son demolidos, as estatuas derribadas e as antigas institucións desaparecen. Incluso aquelas que contribuiron tan poderosamente a forxar o carácter dun pobo: os metálicos que chegaron a converterse da man da inventiva popular e con moita anterioridade á toda esta febre ecoloxista que nos devora no máis perfecto exemplo da reciclaxe, esmorecen no abandono e no olvido da man dos inmundos e pestilentes colchóns de espuma cos que formaban unha fraternal unión indivisible. Os tempos cevolucionan, novas formas de confort material fan a súa aparición, hai que adaptarse ás mesmas e todo elo non deixa de plantexar unha serie de inquedantes incógnitas: ¿Está chamado a convertirse o canapé no metálico do futuro? ¿Será Muebles Sambade o principal suministrador de peches de heredades do Concello? ¿Un archipiélago de canapés inundará os anchos campos camariñáns? 

P.D.: Agora que está a piques de cumprirse o primer aniversario do seu falecemento, o redactor quere adicar este humilde e sinxelo reportaxe a Aleksandr Solzhenitsyn(Kislovodsk, 11 de decembro de 1918 — Moscú, 3 de agosto de 2008), escritor, historiador, Premio Nobel de Literatura, pensador que máis poderosamente contribuío a forxar o seu ideario político e autor de obras maestras inmortais e absolutas como "Un día en la vida de Iván Denísovich", "El Primer Círculo", "Pabellón de Cáncer" e "Archipiélago GULAG".

Comentarios   

perillan
+1 # RE: Reportaxes Camarinas.eu: O Metalicoperillan 24/07/2009 11:11
Si señor, esto si que e un verdadeiro traballo de campo, debe ser o millor archivo de metálicos do mundo mundial, hasta hay algún con rodas, increible.
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+1 # RE: Reportaxes Camarinas.eu: O Metalicolucia018 25/07/2009 00:10
Jo xa ai que ter imajinacion jeje pa facer un reportaje asi...Mola moito....
Lucia seica andas abollada polos montees???jajaj aja que ba ....e broma..e ee!
Responder | Denunciar ante o administrador