A Praia Perfecta

Unha gran balea de area varada aos pes do Vilán, símbolo de sumisión ao máis fermoso dos faros
Unha gran balea de area varada aos pes do Vilán, símbolo de sumisión ao máis fermoso dos faros

Foi o pensador político británico do século XVIII Edmund Burke o autor dunha frase que sempre me intrigou e da que nunca cheguei a captar moi ben o seu sentido: "España, esa ballena varada en las costas de Europa". Digo esto porque xa que estamos falando de asociacións estranas, esa pequena illa alargada de area que se forma na Praia Grande de Reira con motivo das súas oceánicas baixamares sempre me recordou a unha balea varada na máis espectacular das praias de Reira e fai que surxa a analoxía ca obra do gran teórico político inglés, enemigo pechado da Revolución Francesa e do seu escaso respeto pola  tradición legal e pola vida humana individual. 


Un pracer difícilmente descriptible. E tamén moi complicado de alcanzar: sen refuxio ao que acollerse, barrida toda a súa inmensidade por fortes ventos do nordeste, exposta aos embates dun mar implacable, tres ou catro son as oportunidades nas que a climatoloxía veraniega permite disfrutar do pracer inigualable dun día de praia perfecto na Praia Grande de Reira, ou tal e como os sabios expertos a chaman agora "Area Longa".

En calqueira das súas apartadas e solitarias calas, xogando entre unhas pedras tinguidas dun verde esmeralda especialmente intenso, impredecible na súa fisonomía por unha area que ven e vai ao ritmo enloquecido dunhas mareas que danzan ao seu propio ritmo, a través de constantes zambullidas nunha auga xélida, tódolos praceres están comprendidos dentro da praia máis misteriosa e polivalente do Areal de Reira. Espectaculares son as súas baixamares, formándose unha extensión granulada sen límite que obriga en ocasións a percorrer centos de metros para buscar o choque frontal cuns tombos embravecidos. Para os máis acougados, fórmanse piscinas e lagos naturais, ideais para nenos e redactores de camarinas.eu envellecidos polo paso dun tempo implacable e inapelable. E sempre, a través do paso dos anos, a balea de area varada aos pes do maxestuoso Vilán.
 
Praia de crepúsculo evocador e xenuino, ideal para longos paseos solitarios, de augas límpidas e prístinas, que permiten reflexionar sobre o sentido dunha vida maldita e pecadora e do paso dun tempo inapelable e vengativo no medio da beleza máis absoluta, o que remarca unha aguda sensación de dor. Uns paseos que invitan incluso a pensar na obra do inglés Burke e de como a semellanza do célebre politólogo británico moitas das nosas ideas vanse facendo co paso dos anos máis conservadoras e sensatas. E alí, sempre aos pes do Vilán, a balea de area varada...
 
Percorrido dende a Pedrosa ata a Praia Grande de Reira un día de calor xenuino:

 

Comentarios   

mantida
0 # mantida 03/06/2009 21:42
que tan bonito e Reira e que ben lle queda o aljaso verde e marron nas pedras, parese que estan pintadas.
Responder | Denunciar ante o administrador
toxo
0 # toxo 03/06/2009 21:57
que playa dios mio............ ............y yo con este catarro........ ..cof
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # lucia018 03/06/2009 21:58
Estan Chulisimas as fotos e que me encantan ,,,,
xa bn coller algua pa facer montajes con algua foto miña jaja!!
Que Bonito e reira.
Responder | Denunciar ante o administrador
Duane Duke
0 # Duane Duke 04/06/2009 11:11
...Reira, paraíso terrenal...que envidia me déstedes,jajja. ..grandísima a introducción do reportaxe fotográfico...
Responder | Denunciar ante o administrador
perillan
0 # perillan 04/06/2009 12:02
Reira e incomparable se mire como se mire, acórdome, e de esto xa fai algúns anos, que indo a enseñarlle esta paixaxe a uns familiares, paramos no alto da predrosa e o baixar do coche e ver aquelo un deles solo acertou a decir ¡Ostia si pillan esto os Catalans!.
Moy bo reportaxe e as fotos excelentes
Responder | Denunciar ante o administrador
kecho
0 # kecho 04/06/2009 12:21
Sejuramente o mellor dia do vran... esperamos que veñan mais como este.
Responder | Denunciar ante o administrador
ruliña
0 # ruliña 04/06/2009 19:41
AS FOTOS ESTAN ESTUPENDAS,MARA BILLOSAS.E QUE REIRA E MUITO REIRA,ENCANTAME N AS FOTOS,E OS CHABALES QUE SALEN NELAS,GRASIÑAS CHABALES POR ESTAS FOTOS.NO VRAN ESTUBEMOS HAI MISMO.LEVAMOS A MOSA DE MEU FILLO QUE E NAVARRA ESTE VRAN A GALISIA ,E MIMA VIO O FARO E XA NON ME QUERIA SALIR DA LI ENCANTOULLE OS ACANTILADOS DO FARO.LEVAMOLA TAMEN A REIRA ,A RAPASA QUEDOU CA BOCA ABERTA E DIXOME ROSARIO ESTE SITIO ES MARABILLOSO ,XA ESTABA CAENDO A NUITE E NON QUERIA MARCHAR DA LI.SACAMOS TAMEN UNHAS FOTOS ESTUPENDAS.ASI QUE GRASIÑAS CHABALES POR AS FOTOS
Responder | Denunciar ante o administrador
MTCC
0 # MTCC 04/06/2009 21:24
Divinas as fotos...
Responder | Denunciar ante o administrador
MTCC
0 # MTCC 04/06/2009 21:24
Divinas as fotos...
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 05/06/2009 14:19
Cantas más fotos vexo de reira más me enamoro deste pueblo. Noraboa, as fotos son unha maravilla
Responder | Denunciar ante o administrador
seran7989
0 # seran7989 05/06/2009 14:45
Mui bonitas fotos e que desir de Reira unha marabilla en calquer época do ano,pa min o peor é que poucas veses está a ajua a temperatura deseada.
Responder | Denunciar ante o administrador