4.9024390243902 1 1 1 1 1 Rating 4.90 (41 Votes)

Image

Agora que está prácticamente a piques de iniciarse ca Virxe do Monte a temporada de festas do ano 2009 no Concello de Camariñas, en Camarinas.eu seguimos rescatando do olvido da historia os diferentes boletíns que en tempos se teñen publicado con motivo das Festas do Carme, deténdonos desta vez en 1987, ano en que unha comisión capitaneada como Presidente de Honor polo noso amigo e usuario Xosé Luis Blanco Campaña ideou un programa de seis días de duración onde en principio estaba previsto ata un pregón a cargo do actor Sancho Gracia ("Curro Jiménez"), un Festival da Canción Mariñeira, a participación de Los 3 Soles del Paraguay e dos mariachis do Ballet Folklórico da Universidade de Colima, México, e un impresionante fin de festa a cargo dunha Ana Kiro que naquel tempo vivía os momentos álxidos da súa carreira. Nova reportaxe de Camarinas.eu que segue a recordar todas aquelas manifestacións culturais e xornalísticas que antecederon no tempo a chegada do xigante cibernético da Costa da Morte.

Editado pola Asociación de Amigos de Camariñas e patrocinado pola Caixa de Aforros de Galicia, o Programa das Festas do Carme de 1987 foi o cuarto que se publicaba de forma consecutiva e recollía as principais novedades que ese ano a Comisión de Festas tiña preparadas para tódolos veciños de Camariñas con motivo da súa festividade máis grande: a Gran Festa Mariñeira por excelencia. A introducción do programa, escrita co nome de "Vai Parda" por Xosé Luis Blanco Campaña, Presidente de Honor da referida Comisión, xa desmenuzaba os principais puntos dun catálogo de actividades que ían a durar toda unha semana.

Entre eles destacaban, tralo éxito inmenso acadado en 1986, os mariachis da Universidade Folklórica de Colima (México), manifestación cultural imprescindible no máis charro dos pobos da Costa Galega; un Festival da Canción Mariñeira, patrocinado pola Consellería de Cultura e Benestar Social con participación entre outros da Coral de Bergantiños (Carballo), os Vellos Amigos (Ferrol), a charanga Xarángallo-Mángallo (Marín), Diosiño o Rei do Acordeón cos seus amigos, etc...; as actuacións de artistas de recoñecido renome internacional como Los Tres Soles del Paraguay e a gran Ana Kiro, a voz que tanta ilusión e agarimo levou á emigración galega espallada ao longo do mundo; e incluso estaba previsto que o pregón das festas fora pronunciado polo actor Sancho Gracia, gran amigo de Galicia, ao que motivos laborais derivados da rodaxe dunha película hispano-cubana podían impedir dar o tan ansiado pregón. Todo elo aderezado de regueifas, as clásicas bandas de música, a Danza de Arcos, a Procesión, a Sardiñada, Tiro de Corda, etc. que facían naqueles tempos de mediados dos anos 80 da Festa do Carme de Camariñas unha das principais festividades mariñeiras de Galicia, sendo os responsables deste impresionante programa de actividades a desenrolar ao longo de seis días (¿o Carme máis longo que se recorda?) unha comisión en parte idéntica a de 1986 e formada por Xosé Manuel Tedín Arén como Presidente, Xosé Manuel Ramos Canosa como Vicepresidente 1º, Antón Lista Campaña como Vicepresidente 2º, Juan Campaña Castro como Secretario e Xosé María Luaces como Tesoureiro.

É de sinalar que o Programa de 1987 recoñece por primeira vez a importancia que na nosa festa estaba a acadar cada vez de forma máis notoria a Agrupación de Gaitas de Camariñas, creada gracias ao esforzo e dedicación do Suboficial retirado da Garda Civil D. Ricardo Bolaños González, cuns estatutos aprobados polo Ministerio do Interior en maio de 1984 e que en 1987 estaba xa composta por 12 gaitas, 2 tambores, 1 bombo, 1 pandeiro e 2 pandeiretas e que viña de actuar ao longo de toda Galicia e incluso no popular Programa da TVG "Ruada" dirixido e presentado por Xosé Luis Blanco Campaña, con gran éxito de público e de crítica. 

Outra das inciativas que no ano 1987 xeraban unha ilusión enorme entre o pobo camariñán (de forma bastante inxenua, como se vería despois) era o do enorme Aeroxenerador AWEC-60 que, cunha potencia nominal de 1.200 kw e unha altura de 45 metros, viña da man dunha enerxía eólica que parecía estar destinada a ser a gran panacea salvadora da vila de Camariñas. Pero a maior ilusión para un camariñán de mediados dos 80 sen dúbidas estaba constituida por unha impresionante flota mariñeira que tal e como recolle o programa estaba composta por 74 buques a motor (moitos deles de gran envergadura: José Ramona, Lago Dos, Lubina, Sirena del Mar, Siro Segundo,, Arene Gane, Vulcano II....), 20 lanchas de recreo e 460 gamelas. A auténtica Era Dourada da Flota de Camariñas. Porque eran as épocas nas que un dos principais parques mariñeiros de Galicia tiña en compensación unha das mellores festas desta Franxa Atlántica. E que incluso chegaban a durar ata seis días...¿As máis longas?

Comentarios   

rubiasexy
+7 # RE: Reportaxe: Festas do Carme Camariñas 1987 rubiasexy 05/04/2009 21:54
que bonitos recuerdos grasias redasion mima aljun sa non esta bueno un saludo grande viva camariñas sefa e os pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+6 # RE: Reportaxe: Festas do Carme Camariñas 1987 mantida 05/04/2009 22:36
Que tan pouquiños barcos quedaron, e que tan ben o teño pasado, si que fasían boas festas.
Responder | Denunciar ante o administrador