5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (91 Votes)

A terrible vinganza do Monte Pindo sobre Camarinas.eu

Sábado, 21 de febreiro, 2009. O caos descendío sobre a redacción ao completo de camarinas.eu no Ézaro, a única cascada na que desemboca un río en Europa Continental. Sobre as cinco da tarde tres redactores  da web que fixo posible que o Faro Vilán fora elexido o lugar máis fermoso da Costa da Morte estiveron practicamente a piques de morrer afogados nunha masacre. Os Deuses Celtas do Monte Pindo non puideron controlar a brutalidade dos seus poderes. Atraeron cara os seus dominios aos principais responsables de que os paraxes veciños de O Ézaro e do Monte Pindo non foran os gañadores dunha enquisa organizada por un periódico autonómico e desataron sobre eles a súa terrible vinganza. Uns acontecementos que case acaban de forma definitiva con Camarinas.eu.

"Vamos a ver... vonvos a poñer un ejemplo... Dumbría... dime ti ¿quen conose Dumbría...?". A redacción de Camarinas.eu levaba frescas na memoria as palabras dun famoso político camariñán verquidas nunhas charlas ca cidadanía que foron concebidas como unha innovadora forma de facer política e que pronto pasaron ao olvido sen que ninguén se volvera lembrar delas. Uns cantos meses despois, nunha enquisa sen precedentes realizada por un diario autonómico para elexir a paisaxe máis fermosa da Costa da Morte, o Ézaro e o veciño Monte Pindo quedaban en segundo lugar tras o Faro Vilán e Reira, no Concello de Camariñas, tras a marea de votos aportada polos usuarios de Camarinas.eu, a web máis vista da Costa da Morte, que utilizaron o seu Libro de Visitas como altavoz para a movilización do electorado da mesma.

Con estos antecedentes, na tarde do sábado 21 de febreiro de 2009 tres membros da redacción de Camarinas.eu chegaban á Parroquia do Ézaro, Concello de Dumbría: Diekt, Duane Duke e Zhúkov. Tratábase dunha das clásicas  "viaxes de vagabundeo" que suelen acabar nunha reportaxe  e ás que tan acostumada está a web. Nembargantes o que fora planeado como unha tarde de lecer pronto empezou a dar síntomas dos escuros augurios polos que ía discurrir. Así, tras un breve paseo pola praia, o director da web avistou avanzando a grandes zancadas polo paseo marítimo do Ézaro (de madeira e que tanto recorda polo seu estilo ao de Atlantic City, Estado Soberano de New Jersey, USA, perdón pola disgresión) a un home alto e de marcado mostacho negro no que creío recoñecer a José Manuel Pequeño, Alcalde  de Dumbría. De repente empezou a correr pola area como un enaxenado gritando a vivas voces "¡¡O Alcalde!! ¡¡O Alcalde de Dumbría, apura tío, vamos sacar unhas fotos con el!!", pero cando estaba a tan só uns pasos do mesmo, este regaloulle sin parar de andar a toda presa unha mirada de tan absoluto desprecio que o antedito director empezou a perder velocidade na súa alocada carreira para acabar por moverse tan só por inercia ata que quedou parado na area como desorientado, sin saber que facer, ata que dou media volta e soltou de improviso: "Bueno, eu creo que ese non era o Alcalde de Dumbría", ante a mirada atónita dos seus compañeiros de tropelías na desdichada viaxe  de Camarinas.eu ao Corazón das Tinieblas: O Ézaro.

O caso é que dende as súas alturas celestiais, os Deuses do Monte Pindo, antiga morada das deidades celtas, acechaban aos tres descuidados e dicharacheros intrusos que tomaban a risa unha viaxe que estaba chamada a teñirse de tintes de cor negra. Así, tras este lamentable malentendido municipal, na segunda etapa do tour estaba previsto visitar a famosa cascada pola que o Río Xallas desemboca nunha prácida laguna na que os domingos dende unha veciña bancada turistas e domingueros poden ver un espectáculo único no Occidente Cristiano, para despois subir ata o célebre mirador dende o que se divisa a segunda paisaxe máis fermosa da Costa da Morte. E foi alí, na laguna, onde se desatou o drama: cando o redactor Zhúkov baixaba polas pedras á beira da auga para tomar unha foto inverosímil escorrentou e pouco a pouco, como a cámara lenta, a semellanza da célebre escena do film de Steven Spielberg "Tiburón", foi tragado polas xélidas augas da laguna ata quedar ca auga prácticamente ao cuello. Os seus dous compañeiros ao ver que o seu redactor cultural era devorado irremisiblemente non polo monstruo do amor senón polos vingativos deuses do Ézaro e do Monte Pindo, acudiron raudos para tratar de axudar correndo nun primeiro intre a mesma sorte que o desdichado Zhúkov.  A costalada foi antolóxica.  E cando a través das esbaradizas rochas parecían deslizarse sen remisión cara o fondo do río, no último momento lograron agarrarse ás escarpaduras existentes entre as pedras. Mentras tanto, Zhúkov, apoiadas as puntas dos pes nunha saínte de pedra do leito do río, lastrado polo peso dunhas roupas pensadas para un frío día de inverno e que tiraban del cara o fondo, a duras penas podía asomar a cabeza por enriba da auga. Adeus cámara dixital. Adeus móvil. Precisamente, nos misterios da telefonía inalámbrica debía estar pensando o desafortunado náufrago cando soltou sorpresivamente dende a auga un "¡¡pero ahí non hai cobertura!! ao ser requerido polo director da web (mente fría, pulso firme) a vadear nadando ata un punto onde as pedras facían posible o rescate sen risco de esvaramento pero no que non había calado. E así foi izado o temerario, descuidado e enchoupado Zhúkov. Dun bocado, O Ézaro estivo a piques de devorar á redacción ao completo de camarinas.eu.

Unha vez en terra e tras tomar unhas cantas imaxes para atestiguar ante a posteridade a veracidade dos sucesos que acababan de ser infrinxidos a Camarinas.eu por uns deuses agraviados e vengativos e tras haber xurado non voltar na vida ao lugar onde habíamos sido declarados personas non gratas (empezando en primer lugar polo seu Alcalde), emprendimos en silencio o camiño de regreso. E mentras un redactor volvía a casa, espido, no asento traseiro do coche, tratando de asimilar todo aquelo que acababa de acontecer en tan só uns poucos segundos, unha rara mezcolanza de ideas se lle agolpaba na cabeza de forma caótica e incontrolada e delas soamente podia extraer unha extrana frase inconexa que se refería a uns acontecementos perpetrados un venres dous de outubro de 1992 e que repetía sin cesar: "¡¡Pavilhao Noveeeee!!".

Comentarios   

Pepa32
+5 # \"Pavilhao Noveeeee\"Pepa32 05/03/2009 23:02
Soys geniales...jaja jajaja....me alegro de que volvierais sanos y salvos.
Responder | Denunciar ante o administrador
ReyesFP
+5 # RE: Viaxe ao corazon das tinieblas: O EzaroReyesFP 05/03/2009 23:11
Completamente de acuerdo con que el lugar más bonito de toda la Costa da Morte (y por tanto de toda Galicia) le corresponde, con mucha ventaja, a la zona de Vilán-Reira-Trece.
El segundo lugar reconocido a Ézaro - Pindo me parece también muy merecido y lo digo muy convencido, aunque con un poco de temor ante alguna posible represalia o venganza de los dioses del monte Pindo.
Mis felicitaciones por el reportaje, fotos y vídeo, en el que, si acaso, echo a faltar algunas vistas panorámicas tomadas desde el mirador de arriba, que supongo se habrían incluido si la excursión no hubiera salido tan accidentada. Zhúcov, cúidate, porque Camariñas.eu te necesita y los que seguimos tus andanzas también.
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+4 # RE: Viaxe ao corazon das tinieblas: O Ezarolucia018 06/03/2009 08:56
Moi bonito o reportaje jeje Facedes majas...Nunca estuven por ahi pasen pero non paren aber si algun dia bams quitar algua foto por ai jeje!!Ai que marcos jajaja!!
Ai que andar cn mas coidado oo jajaj!Mira si cheja a caer dieguiño mas Luis jeje!Non abia quen bos quitara jejej!
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
+4 # \"TRES MOZOS.....hombre lobo 06/03/2009 10:12
...DE CAMARIÑAS FALECEN AFOGADOS NA DESEMBOCADURA DO EZARO"...MIRADE QUE TITULAR MAIS TRISTE PAS PORTADAS DOS XORNAIS...QUEN NOS VERIA CHORANDO A TODOS..BELDOÑA, MANTIDA,GELINIT A,RUBIA,PION,ES TEFANIA,O SOCO,TOXO,THOR, HOMBRE LOBO,XIMENA,MAI TIÑA,MARIA BELEN,E UN LARJO ETS,ETS...CAMIÑ O DO SEMENTERIO,OU DA FABRICA DE FARIÑA,¿QUEN SABE?JAJAJAJAJ. ..E TODO POR SALVAR A KORNIKOVO..QUE IBA DE PUNTILLAS POLAS PEDRAS..EN FIN ESAS SON TERRAS DE LOBOS..INDA ME ACORDO CANDO ME PASABA ALI CANDO SALIAMOS A SE,(CEE).SALUDO S OS TRES,E IDEBOS COMFESAR POR SI ACASO.

VITO
Responder | Denunciar ante o administrador
Duane Duke
+4 # RE: Viaxe ao corazon das tinieblas: O EzaroDuane Duke 06/03/2009 10:33
...Jajjajja...¡ O ÉZARO SEÑORES!...esas sinistras palabras escondían un día aciago para a redacción, xa mo dixera meu pai hai anos...¡NON SABEDES ANDAR POLAS PEDRAS!...¡QUE RASÓN TIÑA!...menos mal que quedou todo nun desafortunado incidente anque non sei eu se os poderes fáticos terían aljo que ver no asunto...hai que meterlle a culpa a aljen da nosa patosidade..., un saudo compañeiros, sinto o do movil e maila cámara pero o primeiro é o pelexo verdade Zhúkov...¡SÁLVE SE QUIEN PUEDA!
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+4 # R.I.PBeldoña 06/03/2009 10:45
Esta hubera sido a miña poesía FINAL:

EL ENTIERRO

Féretro alzado
Lento viajar,
Comitiva callada,
Sendero fatal.

Mirada perdida,
Sombra inerte,
Destino de vida,
Mísera suerte.

Eco plañidero,
Pausado compás,
Ruta incierta
Del más allá.

Lápidas blancas,
Oscuro lugar,
Sentencia cumplida,
Silencio eternal.

Sollozo ahogado,
Morada de paz,
Flores de tumba,
Punto final.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
+4 # RE: Viaxe ao corazon das tinieblas: O Ezarogelinita 06/03/2009 15:33
Vaia paisaje mas bonito, terei que ir a velo aljún día. Pero non ten comparasión co noso vilán.
Que pena non ver as caídas, sejuro que me reía un bo cacho. Dios Marcos que músculos tes... nin Schwarzenegger, ja,ja
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
+4 # RE: Viaxe ao corazon das tinieblas: O EzaroSalaño 06/03/2009 22:54
jajaja, con todos os meus respetos, e porque leín o artigo e vexo que o tomáchedes con senso do humor.

Pero tamén vos digo que cousas así pasáronnos a todos, e certamente son ese tipo de cousas que lle dan gracia á vida, polas que vaga a pena pasar.

Unha aperta ós tres.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+4 # RE: Viaxe ao corazon das tinieblas: O Ezaromantida 08/03/2009 21:23
Quenmedera estar ali que me habia de reir ben, llucof, pa próxima ves que vaias de movida fora do pueblo leva unha muda de repuesto e unha latiña de retbul pa que podas volar e salir de semejantes aprietos.
Como Camariñas non hay lujar no mundo.
Responder | Denunciar ante o administrador
Franco
+5 # Visita o EzaroFranco 19/02/2010 22:11
Vaia Camariñans de auga dulce! Asi que fostes vos os que me joderon o primeiro posto no ranking da Voz de Galicia, non? Fijo que estubemos votando un mano a mano e codo a codo moi reñido, pero bueno, o final douvos a mi;a nhoraboa.

Pa min sigue sendo o lugar mais fermoso da Costa da Morte, o recorido que vos fixestes non fai xustiza algunha.
Non subistedes a Peñefiel, non encontrastedes a ruta dos muiños, non aparecen os Pozos do Rio Xallas por ningunha parte (que por certo son tremendos para pegarse un baño relaxado no veran). Non fixestedes barranquismo polo Xallas a baixo e nin sequera fuchedes en epoca de veran, cando as praias estan abarrotadas! A cascada estaba parada polo tanto non poidestedes disfrutar dun espectaculo unico.
Como vedes, o Ezaro non e que non vos quixera, e que queria que volverades outro dia.
Podedes disfrutar de fotos e videos en www.ezaro.com e www.ezaroenfotos.blogspot.com

Saudos!!
Responder | Denunciar ante o administrador