Procesión de San Pedro 2011

Aínda conmocionada a vila polo tráxico accidente que na tarde do día anterior tinguío de loito a todo un concello, este mércores 30 de xuño de 2011 tivo lugar na Ponte do Porto a sacra procesión en honor a San Pedro. Con caras serias, adustas, reflexivas ante os golpes inevitables, sorpresivos, que da a vida os porteños volcáronse un ano máis no día grande das súas festas e engalanados, acompañados de bandeiras, cruces e santos percorreron en en sagrada comunión as rúas da súa vila. San Pedro, o home a cuio redor, tal e como se predixera, edificouse toda unha igrexa era levado en volandas pola súa xente como dende tempos inmemoriais sobre unha ponte milenaria. Un San Pedro que sen dúbidas alá nas súas alturas celestiais coidará con agarimo e cariño a Ismael Romero Grela. ...

Accidente mortal de circulación

Tráxicamente a carretera volvío tinguir de loito ao Concello de Camariñas. Faltaban poucos minutos para as 21:00 horas deste malhadado martes 28 de xuño de 2011 cando no kilómetro 1,2 da vía que une Ponte do Porto con Camelle o Renault Megane do xoven Ismael Romero Grela de 22 anos e natural de Dor saíase da carretera, despeñábase por un terraplén duns 5 metros cara o leito do Río Porto e falecía como consecuencia da brutal colisión. Inmediatamente desplazábanse cara o lugar de autos unha dotación de Protección Civil de Camariñas así como dúas patrullas de tráfico que nembargantes pouco podían facer xa para evitar unha nova traxedia nas nosas carreteras. ...

Festas de San Pedro 2011

Visto o visto (Camariñas, Camelle) a ocupación de formar parte dunha comisión de festas estase a converter no noso concello nunha profesión de alto risco gracias ao aporte inestimable da política. Nembargantes, despreciando o risco suicida que se lles ven enriba, seguen a xurdir héroes anónimos que asumen esta pesada carga e se encargan de organizar as festas parroquiais da súa comunidade. Todo serán críticas máis ou menos xustas, insultos, graves descalificacións/insinuacións perseguibles penalmente e jaleos, jaleos que nunca se acaban e eso que faltan xustamente catro anos para as vindeiras eleccións municipais. Co arrecendo aínda fresco dos sucesos tristemente acaecidos en Camelle, en breve, dentro de 15 días, arrancan as festas de San Pedro na Ponte do Porto. ...

Carnaval no Pincho 2011

¿Alguén pensaba que íamos deixar pasar as datas de carnaval sen publicar o despiporre do Pincho? Non podía ser. E aínda que poda dar a impresión de que xa pasou todo esto do entroido parece que sigue a haber uns pouquiños nostálxicos destas datas (disfrazados de mosqueteros). En fin, por eso, despois duns días duros nos que a maioría dos veciños que se nos cruzaban polas calles nos facían a mesma pregunta e xa estábamos cansados de responder unha e outra vez coa mesma resposta decidimos publicar xa ante clamor popular o carnaval do Pincho. Un carnaval tan sorprendente e festivo que deixaría á altura do betún ou como unha triste e  patética comparsa nin máis nin menos que ao mesmísimo Sambódromo de Río de Janeiro. Algo así debían de pensar os habituais clientes do local de moda da Ponte do Porto nestas fechas pasadas de festa desenfrenada no Pincho. Ahí vos vai: o Carnaval no Bar Pincho. ...

Carnaval 2011 no Pincho

Un ano máis acude camarinas.eu ao seu compromiso perenne cas festas do Entroido. Esta edición o pistoletazo de saída co Carnaval 2011 para camarinas.eu darase ca impresionante cea que a Pulpería-Raxería O Pincho organizará  partires das 22:00 horas do venres 4 de marzo nunha enchenta sen precedentes na que para surtir ás mesas do local de moda na Ponte do Porto será necesario acometer un auténtico xenocidio porcino. Grelos, cachola de porco, chourizos, filloas á pedra e un postre a base das tradicionais orellas de Carnaval levarán o sabor aos agradecidos paladares porteños. É de supoñer que algúns dos comensais acudan disfrazados a un evento do que na web líder da Costa Atlántica daremos boa conta a través dunha das clásicas galerías fotográficas de alto contido despiporreante do Pincho. En fin, quedamos á espera. ...