Manuel Vidal Souto "O Gransolo" D.E.P.

Na tarde deste frío luns 10 de decembro a redacción de Camarinas.eu recibía a triste noticia por parte do seu neto Manuel Castiñeiras da morte do seu avó Manuel Vidal Souto, máis coñecido na Ponte do Porto como "O Gransolo". Señor Manuel, de oitenta dous anos de idade levaba xa uns días internado no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee por mor dunhas graves deficiencias cardíacas e foi hoxe sobre as cinco da tarde cando o seu gastado corazón dixo basta. O Gransolo adicou gran parte da súa vida a traballar de gandeiro sendo moi coñecido e querido non tan só na súa eterna vila porteña senón tamén por moitos dos pobos e aldeas da Costa da Morte....

Incendio dun coche en O Allo

Nova intervención duns voluntarios de Protección Civil de Camariñas que non descansan. Desta volta o incidente acontecía na mañán deste sábado 1 de decembro de 2012 na recta de O Allo, ás portas mesmas da Ponte do Porto, onde unha furgoneta sufría un incendio na zona do seu motor. En principio todos os indicios apuntan a que se podería tratar do automóvil de reparto dunha coñecida panadería ubicada na entrada de Camariñas a cal tras a aparición dun cortocircuito na súa zona dianteira empezou a arder. Unha vez recibido aviso, raudamente desprazouse ata o lugar unha unidade de Protección Civil a cuio frente estaba unha vez máis o noso querido amigo José Manuel Tedín Tedín  aos cales non moito despois sumábase a Policía Local de Camariñas e unha dotación dos bombeiros de Cee. Unha vez extinguido o incendio chegou o momento de facer unha evaluación do acontecido e supoñemos que de pasar parte ao seguro por ver si éste finalmente acaba asumindo o custe dun pequeno incidente menor que non pasou a maiores gracias á rápida intervención dos veciños e de Protección Civil de Camariñas, os voluntarios que nunca descansan....

Roubo na Pizzería Brasil da Ponte‏

Dende sempre, por pura decencia, fumos especialmente refractarios aquí en Camarinas.eu ao puro e sinxelo roubo, ao saqueo, ao acto de aproveitarse do duro traballo alleo. É por elo que ficamos desalentados e especialmente indignados con calquer acto de latrocinio que acontece dentro do noso concello. O derradeiro exemplo desta vaga de roubos de todo tipo que invade as nosas terras aconteceu na madugrada deste xoves 29 de novembro de 2012 na Ponte do Porto, onde uns descoñecidos entraban a roubar na Pizzería Brasil. ...

José Trillo Fernández-Abelenda D.E.P.

Aos duros momentos que están a atravesar actualmente os socios da que é a institución náutica decana da Costa da Morte, hai que sumar o falecemento este luns 19 de novembro de 2012 aos seus 89 anos do que foi o seu primeiro Presidente e actual Presidente de Honor, Don José Trillo Fernández-Abelenda. Nacido na vila de Corcubión (onde o seu proxenitor desempeñaba as labouras de secretario de xulgado) en 1922, un día antes que o que sería o seu gran amigo D. Manuel Fraga Iribarne,  tras cursar a carreira de Dereito nas unversidades de Oviedo e Santiago, dedicaríase Don José durante máis de 50 anos ás labouras de procurador de tribunais, desempeño onde acadaría o máximo recoñecemento dos seus compañeiros, sendo elexido como decano do Colexio de Procuradores da Coruña durante máis de 20 anos (1977-1998), Presidente de Honor do Consello Galego de Procuradores e actual vocal honorario da Mutualidade de Procuradores de Tribunais. Se o anterior non fora suficiente foi honrado en vida ca Cruz distinguida de primeira clase da Orde de San Raimundo de Peñafort ou ca Medalla de Galicia no 2004, entre outras distincións. ...

Plantación de marihuana na Ponte

Esta semana a Guardia Civil procedía á incautación de cinco plantas de marihuana, dun peso aproximado total duns 12 kilogramos, e á detención dun veciño duns 40 anos no que resultou ser unha plantación na Ponte do Porto: o fértil chan das Barrosas reconvertido para dar acollida a un novo producto procedente de latitudes tropicais. Supostamente as plantas crecían desgarbadas nun galpón anexo ao domicilio porteño no que constituiría un invernadeiro artesanal, todo o cal motivou a imputación dun delito contra a saúde pública. Caso éste que nos levou aquí en Camarinas.eu a unha pequena reflexión de tintes un tanto filosóficos, hoxe tan de moda: imbuidos como estamos dende hai 5 anos nunha crise económica que a pesares dos "brotes verdes" e da "luz al final de túnel" pronosticados hai tempo non parece senón ir a peor, houbo unha predicción igual de acertada cas anteriores na que un sociólogo adiantaba tres ou catro anos atrás que ante o devastador da crise e como medida somnífera os gobernos occidentais antes que tarde acabarían legalizando as drogas blandas, hachís e marihuana principalmente....