San Pedro 2013 na Ponte do Porto

Vaise pouco a pouco desgranando o calendario festeiro municipal e así este venres a quen lle tocou o turno foi a Ponte do Porto ca celebración da súa  sardiñada de San Pedro. Organizada un ano máis ca colaboración imprescindible dos nosos queridos amigos do Pincho, uns cantos centos de visitantes puideron degustar o gran rei dos mares da Costa da Morte asado ao estilo porteño. Todo elo como aperitivo dunhas festas patronais que terán a súa continuación este sábado 29 de xuño. A Ponte do Porto  festexa ao seu santo patrón nun fin de semana pleno de eventos relixiosos e actuacións musicais: o sábado ca Orquesta Marimba e o DJ Manu Gz, que ou ben é nacionalista ou se apelida González, ese gran apelido español, culpables os seus portadores de cubrir de tanta gloria en tan renombradas ocasións a esta santa nación, dende Raúl González Blanco a Juan Jesús Vázquez González (por certo, feliz cumpreanos papá), e o domingo a suposta Orquesta Alaskadeluxe, mezcolanza esquizofrénica e tal vez inapropiada de Alaska e Kaka de Luxe. E terá todo este peculiar ambiente festeiro a súa debida continuación para o vindeiro fin de semana ca así denominada Gran Festa da Xuventude que...

Accidente de coche na Ponte

Unha das institucións máis senlleiras do Concello de Camariñas, o centenario Casino da Ponte do Porto, pouco máis e ve como un automóvil se lle empotra para adentro nun accidente ao máis puro estilo Hollywood. Acontecía o espeluznante suceso este aciago mércores 24 de abril, como prólogo macabro do drama que estaba a piques de desencadearse a non correr moitas horas nun ateigado estadio da Rexión de Renania-Westfalia, tal vez por elo chamado en tempos Westfalenstadion, onde un grupo de fornidos e potentes Superhomes Teutónicos (e un polaco) lle endilgaban unha escandalosa somanta á que decían era a mellor plantilla do mundo.  Visto o lamentable antecedente que acontecía no entorno urbano dun Casino tan senlleiro como o porteño, a escasos metros de ser derruido a base dunha alunizaxe motora, xa deberían empezar a tremer os aficcionados madridistas ante a que se lles viña enriba, sobre todo tendo en conta os precedentes históricos da institución en cuestión: partido en Alemania, tunda ao canto. Mércores 24/04/2013, o día que será lembrado como o da Infamia (Madridista). ...

Cena da Festa de Cereixo 2013

Chegadas as datas de San Xurxo, ca súa inefable precuela da Virxe do Monte, comenza a tempada festeira estival. E unha das estampas típicas que se poden ver polos camiños, polas rúas, xusto ás portas das casas, é a dun pequeno grupo de voluntarios, a así chamada Comisión de Festas, asumindo o pesado traballo de lograr organizar unha edición máis da festivididade da súa poboación. Incluso a veces, dan o salto xa non a outra vila senón a outro concello, co que normalmente soen gardarse estreitas relacións de irmandade. Foi este caso dos nosos queridos amigos da Comisión de Festas de Cereixo que na tarde deste xoves 18 de abril se achegaban ata a redacción de Camarinas.eu para ver de conqueirir un pouco de publicidade engadida para a prometedora Cea Baile recaudatoria que o 18 de maio organizarán en Vimianzo. Unha data na que os camariñáns se xogan moito porque dependendo do seu éxito, poderán desfrutar dun 25 de xullo en Cereixo por todo o alto, esa festa a que os veciños do noso concello soen acudir por auténticas oleadas. ...

Carnaval na Ponte do Porto 2013

En vez da Plaza Roxa de Moscú o 9 de maio, en lugar da Plaza de Colón o 12 de outubro, a Ponte do Porto contou con todo un señor desfile militar na mañán deste domingo 10 de febreiro de 2013. E xusto alí onde menos se esperaba, diante de todo un templo do amor, un paraíso carnal onde se libraron tamén grandes batallas pero de outro tipo. Precisamente as tropas desfilaban alí: a saída da vila porteña, en frente do que en tempos se dou en chamar "O Paloma", sen dúbidas como xusta homenaxe a aquela ave da paz, a pombiña do amor, que pintara Pablo Picasso por encargo do Partido Comunista para ilustrar a inconmensurable ansia pacifista que animaba os esforzos políticos de Stalin. ...
O Posiño no alto da Pesqueira quedou totalmente anegado

Desbordamento do Posiño na Ponte

Unha chuvia xeralizada barre dun tempo a esta parte a face azoutada e exangue da España dos nosos días. Chuvia de corrupción política, de roubo a mano armada, de explotación escravista duns cidadáns honrados obrigados a deslomarse traballando para pagar os afogantes impostos cos que manter a tanto vividor militante de partido político, aos que non parece chegarlle cos seus soldos en organismos oficiais e rouban todo o que poden e máis; chuvia de pobreza extrema, de millóns de parados, de familias ao límite da susbsistencia, de néboas de tempos mellores vividos tamén e para completar un cuadro en realidade desesperante chuvia de temporais que cruzan a Península Ibérica dun extremo ao outro e que cas súas chuvias perpetuas e ventos descontrolados contribúen a arruinar un pouco máis aquela terra que se non fora polos seus inquilinos (os españoles) sería un gran país. ...