Don Ramón Dios Díaz de Tudanca, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Don Ramón Dios Díaz de Tudanca, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Triste día de novembro para a Ponte do Porto: unha das súas figuras senlleiras, Ramón Dios Díaz de Tudanca, pai do noso gran amigo e colaborador de Camarinas.eu Moncho de Dios, pasaba a mellor vida este sábado 17 de novembro do ano do Noso Señor de 2018. Falecía Don Ramón aos seus 91 anos, rodeado do cariño dos seus e do respeto de toda a vila porteña. O funeral de corpo presente terá lugar este luns19 de novembro na Igrexa Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto as 16:00 horas previa saída do tanatorio 15 minutos antes. Alí sen dúbida congregarase a maior parte da sociedade da vila do Río Porto para tributar o seu derradeiro adeus a este gran porteño. Esta redacción, como toda a Ponte do Porto, envía á súa familia un forte abrazo e un sentido pésame. Ramón Dios Díaz de Tudanca, Descanse En Paz. ...
Don José Trillo Pérez, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Don José Trillo Pérez, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Este sábado 10 de novembro de 2018 deixaba este mundo o querido veciño da Ponte do Porto Don José Trillo Pérez aos seus 91 anos de idade. O corpo sen vida de don José, persoa moi coñecida e estimada en toda a localidade porteña, está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto dende onde sairá cara a Igrexa de San Pedro ás 15:45 para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a realizar o seu sepelio no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto, onde os restos mortais de Don José Trillo Pérez terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar o noso máis sentido pésame a toda a familia e amigos de Don José. Descanse en Paz. ...
O IES Pedra da Águia celebra o Samaín 2018

O IES Pedra da Águia celebra o Samaín 2018

O día 30 de outubro pola tarde-noite, os IESP Pedra da Aguia de Camariñas celebrou un tempraneiro magosto seguido da celebración do Samaín. Así, no horario escolar da tarde, alumnos e profesores poideron disfrutar do sabor das castañas asadas.  Cando rematou a xornada, un tercio do alumnado e boa parte do profesorado prepararon a festa do Samaín que se prolongou ata xusto a media noite. Nun escenario completamente decorado para a ocasión, todos gozaron dun chocolate con churros ben quentiño, antes de empezar unha serie de xogos previstos polo profesorado. A continuación tocou disfrazarse, cear nun ambente escuro e tétrico coas únicas luces dos cirios, facer contadas de terror e, finalmente, ver unha película de medo. Foi unha tarde-noite moi especial propia do tempo no que nos atopamos. ...
Os rapaces do IES PEdra da Águia posan para a foto no instituto

O IESP Pedra da Aguia participa no programa “Rutas científicas, artísticas e literarias 2018 do MEC

O vindeiro domingo día 21 de outubro e ata o sábado 27, un grupo de 24 alumnos e alumnas de 2º de ESO do IESP Pedra da Aguia van participar nunha ruta cultural polas provincias de Badajoz, Sevilla e Cádiz. Irán acompañados por dúas profesoras do centro: Silvia Lijó (L. Castelá) e Gema Lois (Tecnoloxía). ...
O Presidente da Deputación e a Alcaldesa Sandra Insua presentan o proxecto de reurbanización da Ponte do Porto

O Presidente da Deputación e a Alcaldesa Sandra Insua presentan o proxecto de reurbanización da Ponte do Porto

Os investimentos aprobados pola Deputación no municipio suman 5 millóns de euros neste mandato O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presentou esta mañá en Ponte do Porto (Camariñas) o proxecto de reurbanización da zona, que suporá un investimento de 440.491,11 euros para renovar as beirarrúas actuais, o alumeado público e crear novas zonas axardinadas e prazas de aparcamento. ...