Atropello mortal na Rúa Curros da Ponte do Porto

Atropello mortal na Rúa Curros da Ponte do Porto

Traxedia na Ponte do Porto na mañá deste mércores 31 de xaneiro cando Evaristo Rey falecía despois de ser enbestido por unha furgoneta que transitaba por unha concurrida vía porteña. Os médicos do Centro de Saúde situado a escasos metros do sinistro foron os primeiros en atender ao accidentado que pouco despois era trasladado ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee debido á estado de máxima gravidade que presentou xa dende os primeiros momentos. Pouco puderon facer os facultativos do centro ceense máis que certificar a morte do accidentado. Unha traxedia que nos deixou sen o noso amigo Evaristo, moi coñecido en toda a vila da Ponte do Porto e por extensión en todo o Concello de Camariñas. ...
El grupo ecologista PX de Ponte do Porto pide acabar con las batidas del zorro en la zona

El grupo ecologista PX de Ponte do Porto pide acabar con las batidas del zorro en la zona

El colectivo ecologista PX de Ponte do Porto cree que la Xunta de Galicia debería poner fin a las batidas de zorro en la Costa da Morte pues a día de hoy esta especie sufre la mayor caída poblacional de la historia. Los ecologistas creen que los datos son extrapolables a toda la provincia y por ello solicitarán que en los años próximos no se concedan batidas de zorro. La temporada de caza terminó en el día de Reyes pero los cotos alargan el período hábil con batidas a distintas especies, como el zorro o el jabalí, que cada tecor debe solicitar y justificar. Las batidas de zorro en la zona aún se celebrarán en dos fines de semana más. ...
Falece Dona Avelina Mouzo, veciña da Ponte do Porto, a persoa máis vella de Galicia

Falece Dona Avelina Mouzo, veciña da Ponte do Porto, a persoa máis vella de Galicia

Avelina Mouzo Leis, a que era a persoa máis lonxeva de Galicia e a terceira con máis idade de España, faleceu no día de hoxe na súa casa da Ponte do Porto por mor das complicacións causadas por unha profunda gripe aos seus 113 anos de idade. Chega a abraiar os acontecementos dos que chegou a ser coetánea Dona Avelina. En tempo real ela leería nos xornais como en agosto de 1914 Europa decidía suicidarse, como o réxime máis nocivo da historia humana tomaba o poder en San Petersburgo un 7 de novembro de 1917, hai xusto agora cen anos, como dous bandos se masacraban durante unha cruenta guerra civil, sufreu sen dúbida os duros anos da nosa posguerra e respiraría aliviada co crecemento económico fulgurante de España nos 60, sentiríase orgullosa ca nosa impecable transición á democracia.... Todo esto e moito máis aconteceu en vida da persoa máis lonxeva da que teñamos coñecemento no noso Concello. Curiosamente o seu falecemento acontecía catro días despois de cumprir os 113 anos no día de noiteboa deste caseque expirado 2017. O corpo sen vida de Dona Avelina está sendo velado no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá...
A destrucción do patrimonio na Ponte do Porto, por Rafael Lema

A destrucción do patrimonio na Ponte do Porto, por Rafael Lema

O coñecemento da historia e do pasado das colectividades humanas, dos seus fitos, xestas e despropósitos, concrétase como ineludible á hora de construir futuros. Un coñecemento auténtico, enténdese, non veña a ser como esa construcción de patrañas inauditas erixidas durante os derradeiros 40 anos polo nacionalismo racista e supremacista catalán con vistas a proporcionar o basamento teórico sobre o inventar un proceso de enxeñería social. O anterior non pode acontecer naqueles territorios (Camariñas, a Costa da Morte) que contan con historiadores da solvencia e pulcritude do noso querido amigo Rafael Lema, alguén que sobre a base de esforzo, obxectividade e análise labrou unha traxectoria de renome nos máis diversos eidos da ciencia historiográfica. No presente capítulo, ca súa concreción e sabiduría características, rememora un dos maiores desastres en canto a destrucción de patrimonio do noso concello. Onde calquer suposto historiador chalado catalán non dubidaría en culpar dos seus ridículos históricos ao Estado centralista e opresor Rafael evoca causas, realidades e consecuencias. Un traballo pulcro, detallista e obxectivo, inapelable e crudo para saber de ónde vimos e cómo evitar erros no futuro. ...
Cartel da primeira Festa Terra de Emigrantes da Ponte do Porto

Cartel da 1ª Festa Terra de Emigrantes da Ponte do Porto

Os integrantes da comisión da festa de San Pedro da Ponte do Porto comezan a preparar a edición 2018 do patrón porteño, e fano ca organización dunha festa por todo o alto que nos presentan aquí en Camarinas.eu en rigurosa exclusiva. Será a primeira vez que esta comisión poña en marcha unha multitudinaria cea-baile que se celebrará no Pavillón Municipal da Ponte o sábado día 23 de decembro a partir das 10 da noite. O espectacular menú que a organización vai a preparar está composto por Piña con cócktel de gambas de primeiro, a continuación servirase unhas exquisitas ameixas con fabas, e para rematar a faena todo un espectacular redondo de tenreira con guarnición, postre, pan, viño, café e chupito engadidos. E todo elo por só 25 euros!! Ademáis, para todos os que teñan nenos, haberá un menú infantil especial a 10 euros e haberá un servizo de animador-cuidador de nenos con hinchables e xogos diversos. E para os que non queiran ir á cea e só desexen desfrutar do baile do gran Grupo America SL tan só terán que abonar 5 euriños de entrada. Para mercar as entradas a esta gran festa para recaudar fondos para o San Pedro...