A destrucción do patrimonio na Ponte do Porto, por Rafael Lema

A destrucción do patrimonio na Ponte do Porto, por Rafael Lema

O coñecemento da historia e do pasado das colectividades humanas, dos seus fitos, xestas e despropósitos, concrétase como ineludible á hora de construir futuros. Un coñecemento auténtico, enténdese, non veña a ser como esa construcción de patrañas inauditas erixidas durante os derradeiros 40 anos polo nacionalismo racista e supremacista catalán con vistas a proporcionar o basamento teórico sobre o inventar un proceso de enxeñería social. O anterior non pode acontecer naqueles territorios (Camariñas, a Costa da Morte) que contan con historiadores da solvencia e pulcritude do noso querido amigo Rafael Lema, alguén que sobre a base de esforzo, obxectividade e análise labrou unha traxectoria de renome nos máis diversos eidos da ciencia historiográfica. No presente capítulo, ca súa concreción e sabiduría características, rememora un dos maiores desastres en canto a destrucción de patrimonio do noso concello. Onde calquer suposto historiador chalado catalán non dubidaría en culpar dos seus ridículos históricos ao Estado centralista e opresor Rafael evoca causas, realidades e consecuencias. Un traballo pulcro, detallista e obxectivo, inapelable e crudo para saber de ónde vimos e cómo evitar erros no futuro. ...
Cartel da primeira Festa Terra de Emigrantes da Ponte do Porto

Cartel da 1ª Festa Terra de Emigrantes da Ponte do Porto

Os integrantes da comisión da festa de San Pedro da Ponte do Porto comezan a preparar a edición 2018 do patrón porteño, e fano ca organización dunha festa por todo o alto que nos presentan aquí en Camarinas.eu en rigurosa exclusiva. Será a primeira vez que esta comisión poña en marcha unha multitudinaria cea-baile que se celebrará no Pavillón Municipal da Ponte o sábado día 23 de decembro a partir das 10 da noite. O espectacular menú que a organización vai a preparar está composto por Piña con cócktel de gambas de primeiro, a continuación servirase unhas exquisitas ameixas con fabas, e para rematar a faena todo un espectacular redondo de tenreira con guarnición, postre, pan, viño, café e chupito engadidos. E todo elo por só 25 euros!! Ademáis, para todos os que teñan nenos, haberá un menú infantil especial a 10 euros e haberá un servizo de animador-cuidador de nenos con hinchables e xogos diversos. E para os que non queiran ir á cea e só desexen desfrutar do baile do gran Grupo America SL tan só terán que abonar 5 euriños de entrada. Para mercar as entradas a esta gran festa para recaudar fondos para o San Pedro...
O alcalde Pichurri supervisando persoalmente as obras no lugar do Allo

Importantes obras de mellora da Rúa do Allo na Ponte do Porto

Nestes días estanse rematando as obras que a empresa Espina & Delfín ven levando a cabo no Allo (Ponte do Porto). As obras tiveron por finalidade o cambio da tubería de fibrocemento, de distribución de auga, que une o depósito de Ponte do Porto co de Camariñas. Esta tubería sufría continuas rupturas que ocasionaba as conseguintes molestias e cortes de auga con mais frecuencia da desexada e moitísimas molestias aos sufridos veciños deste lugar porteño, polos traballos de reparación que un día si e outro tamén levaban a cabo os técnicos municipais para restituír o servicio de auga potable. ...
Comeza a reparación do campanario da igrexa da Ponte do Porto

Comeza a reparación do campanario da igrexa da Ponte do Porto

Despois dun largo periódo de letargo, exactamente dende finais dos anos 80 cando se puxeron en coñecemento este grave problema ás autoridades eclesiásticas, os feligreses da parroquia de San Pedro da Ponte do Porto comprobaron por fin a iniciación das obras de reparación estructurales do campanario da súa igrexa. Este xoves 27 de outubro comenzaban a traballar os operarios da empresa concesionaria ataviados cos seus arneses de seguridade pola maraña de andamios que recobren o campanario da igrexa da Ponte. Alí, nas alturas porteñas, os técnicos puderon comprobar o estado da situación despois dese interminable intervalo de tempo no cal non se sabía moi ben cal ía a ser a solución a este problema estructural que poñía en perigo o santuario porteño. ...
Obras no Campo do Outeiro na Ponte do Porto

Importante reforma do Campo do Outeiro da Ponte do Porto

Camarinas.eu visitaba esta semana, da man dun dos encargados da empresa adxudicataria, os derradeiros traballos de remodelación da Rúa do Campo do Outeiro na Ponte do Porto. Unhas obras que consistiron nunha primeira fase na demolición do antigo pavimento existente. Na segunda fase desta importante actuación do concello na Ponte do Porto, acometeuse a construcción dunha rede de saneamento que recolla correctamente as augas residuais das vivendas e as transfira cara as tuberías centrais que trasladan as augas fecais cara a depuradora de Dor. Despois desta actuación procedeuse a construcción da outra rede de augas pluviais e a renovación de todas as acometidas existentes. Na derradeira fase do proxecto, e que se está levando a cabo finalmente mentras se está a redactar este artigo, realizaranse os traballos de pavimentación de toda a rúa mediante un novo firme de formigos pulido. Esta importante obra foi realizada pola empresa Ponciano Nieto SL e conta cun orzamento total de 108.477,12 euros. Unha necesaria obra que poñe en valor a zona do Campo do Outeiro e que vai a preceder, tal e como nos comentaban dende o consistorio camariñán, a outras importantes actuacións previstas polo Concello de Camariñas na nosa querida parroquia de San...