Dona Yda Rey Moreira, veciña da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Dona Yda Rey Moreira, veciña da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Duro golpe para a redacción desta web cando a media mañán deste domingo 18 de marzo éramos notificados da morte da querida veciña da Ponte do Porto, e fundadora xunto ao seu home da empresa de materiais de construcción Pérez rey, Dona Yda Rey Moreira aos seus 87 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Yda está sendo velado na sala 1 do Tanatorio de San Pedro da localidade porteña que a víu nacer, dende onde sairá cara o templo da Ponte do Porto ás 15:45 da tarde deste luns para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a inhumación do féretro desta exemplar muller porteña no Cemiterio Parroquial da Ponte do Porto onde os restos mortais de Dona Yda terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Yda, especialmente ao seu esposo José, unha verdadeira institución vivinte na Ponte do Porto, e aos seus fillos José Enrique, Javier e César xerentes da mítica empresa de materiales da construcción Pérez Rey, así como ás súas esposas Barca, Eva e especialmente a nosa querida amiga e usuaria desta web Pili aos...
Continúan os talleres de igualdade do do Concello de Camariñas no CEIP O Allo da Ponte do Porto

Continúan os talleres de igualdade do Concello de Camariñas no CEIP O Allo da Ponte do Porto

A semana do 26 de Febreiro comezaron os talleres no CEIP de Ponte do Porto, por parte da Técnica de Igualdade contratada polo Concello de Camariñas. Os obradoiros van encamiñados a realización de diferentes actividades para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 4º, 5º e 6º de Educación Infantil. Todas as actividades teñen como fío condutor o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. ...
Don Manuel Dios Rodríguez, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Don Manuel Dios Rodríguez, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Non paran de sucederse as noticias tráxicas que asolan a nosa estimada parroquia da Ponte do Porto. Na tarde deste mércores 7 de marzo recibíamos a desgraciada noticia da repentina morte do querido veciño da Ponte Don Manuel Dios Rodríguez aos seus 74 anos de idade. O Diosiño, tal e como era cariñosamente coñecido en todo o concello, está sendo velado na sala 2 do Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara o sagrado templo porteño ás 17:15 horas da tarde deste xoves 8 de marzo de 2018 para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a trasladar o féretro de Don Manuel cara ao cemiterio da Ponte do Porto onde o corpo sen vida deste apreciado veciño porteño terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción toda a forza e cariño nestes duros momentos que están a pasar a toda a familia e amigos de Don Manuel Dios Rodríguez, Descanse en Paz. ...
Don José Ramón Castiñeira Méndez, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Don José Ramón Castiñeira Méndez, veciño da Esquipa, Descanse en Paz

Continúa o incesante goteo de decesos que inundan xa este desgraciado ano 2018. Na tarde noite deste mércores 7 de marzo a redacción desta web tiña coñecemento do pasamento de Don José Ramón Castiñeira Méndez aos seus 85 anos de idade. O corpo sen vida de Pepiño do Fato, como era coñecido cariñosamente en toda tanto na Esquipa como en toda a parroquia porteña, está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de Santiago de Cereixo ás 15:45 horas da tarde deste xoves 8 de marzo. Acto seguido procederase a realizar o sepelio deste querido veciño no Cemiterio Parroquial de Cereixo donde os restos mortais de Don José Ramón terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José Ramón Castiñeira Méndez. Descanse en Paz. ...
Dona Balbina Castro Romero, veciña de Carnés, Descanse en Paz

Dona Balbina Castro Romero, veciña de Carnés, Descanse en Paz

Siguen as malas noticias a chegar á redacción desta web. Esta mesma tarde éramos coñecedores da defunción en Santiago de Compostela de Dona Balbina Castro Romero aos seus 86 anos de idade. Dona Biruca, como era máis coñecida en toda a parroquia de Carnés, está sendo velada na sala 1 do Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairán os seus restos mortais cara a Igrexa de San Cristobo de Carnés ás 15:45 horas da tarde deste mércores 7 de marzo de 2018. Alí no sagrado templo soneirán celebrarase o funeral de corpo presente por Dona Balbina para, acto seguido, ser trasladado o féretro cara o Cemiterio Veciñal de San Cristobo de Carnés donde Dona Biruca terá descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Balbina, especialmente a súa filla e ao seu esposo e gran amigo desta redacción o camariñán Marcial Mouzo Vidal aos cales lles enviamos un forte abrazo e moito ánimo nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz. ...