Visita de exparlamentarios galegos ao IES Pedra da Águia da Ponte do Porto

Visita de exparlamentarios galegos ao IES Pedra da Águia da Ponte do Porto

O martes 3 de abril visitaron o Instituto Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas, tres ex deputados do Parlamento galego para dar unha charla a medio centenar de alumnos que cursan 3º da ESO, entre eles os 15 embaixadores junior do Parlamento Europeo que a vindeira semana irán a Estrasburgo e Bruxelas. ...
Dona Dolores Canosa Méndez, veciña de Braño, Descanse en Paz

Dona Dolores Canosa Méndez, veciña de Braño, Descanse en Paz

Na madrugada deste martes 21 de marzo a redacción desta web recibía aflixida a tráxica noticia da morte de Dona Dolores Canosa Méndez aos seus 84 anos de idade. Dona Dolores, viúva do Portugués de Braño e sogra do Alcalde de Camariñas Pichurri, muller sempre afable, querida e respetada por todos os seus veciños e coñecidos, está sendo velada na sala 2 do Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de San Martiño de Carantoña ás 15:45 da tarde deste xoves 22 de marzo de 2018. Alí, no sagrado templo da súa vila natal será celebrado o funeral de corpo presente por Dona Dolores para, acto seguido, ser trasladado o féretro cos restos mortais desta querida veciña cara o Cemiterio Parroquial de Carantoña onde terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Dolores, especialmente a súa filla Lola e súas netas Estefanía e rosalía. Descanse en Paz. ...
Dona Yda Rey Moreira, veciña da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Dona Yda Rey Moreira, veciña da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Duro golpe para a redacción desta web cando a media mañán deste domingo 18 de marzo éramos notificados da morte da querida veciña da Ponte do Porto, e fundadora xunto ao seu home da empresa de materiais de construcción Pérez rey, Dona Yda Rey Moreira aos seus 87 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Yda está sendo velado na sala 1 do Tanatorio de San Pedro da localidade porteña que a víu nacer, dende onde sairá cara o templo da Ponte do Porto ás 15:45 da tarde deste luns para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a inhumación do féretro desta exemplar muller porteña no Cemiterio Parroquial da Ponte do Porto onde os restos mortais de Dona Yda terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Yda, especialmente ao seu esposo José, unha verdadeira institución vivinte na Ponte do Porto, e aos seus fillos José Enrique, Javier e César xerentes da mítica empresa de materiales da construcción Pérez Rey, así como ás súas esposas Barca, Eva e especialmente a nosa querida amiga e usuaria desta web Pili aos...
Continúan os talleres de igualdade do do Concello de Camariñas no CEIP O Allo da Ponte do Porto

Continúan os talleres de igualdade do Concello de Camariñas no CEIP O Allo da Ponte do Porto

A semana do 26 de Febreiro comezaron os talleres no CEIP de Ponte do Porto, por parte da Técnica de Igualdade contratada polo Concello de Camariñas. Os obradoiros van encamiñados a realización de diferentes actividades para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 4º, 5º e 6º de Educación Infantil. Todas as actividades teñen como fío condutor o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. ...
Don Manuel Dios Rodríguez, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Don Manuel Dios Rodríguez, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Non paran de sucederse as noticias tráxicas que asolan a nosa estimada parroquia da Ponte do Porto. Na tarde deste mércores 7 de marzo recibíamos a desgraciada noticia da repentina morte do querido veciño da Ponte Don Manuel Dios Rodríguez aos seus 74 anos de idade. O Diosiño, tal e como era cariñosamente coñecido en todo o concello, está sendo velado na sala 2 do Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara o sagrado templo porteño ás 17:15 horas da tarde deste xoves 8 de marzo de 2018 para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a trasladar o féretro de Don Manuel cara ao cemiterio da Ponte do Porto onde o corpo sen vida deste apreciado veciño porteño terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción toda a forza e cariño nestes duros momentos que están a pasar a toda a familia e amigos de Don Manuel Dios Rodríguez, Descanse en Paz. ...