Moi concurrida estivo este ano a Procesión de Fátima na Ponte do Porto

Procesion da Virxen de Fatima na Ponte do Porto

Este Domingo ás 12 do mediodía celebrouse na veciña e querida parroquia de A Ponte do Porto a súa tradicional procesión de Fátima, e ahí estivo camarinas.eu. A imaxe da Virxen foi paseada en procesión católica pola famosa Rúa das Barrosas acompañada por centos de fieles cristianos. Chegando ao alto da Pesqueira, ao final da citada rúa, a concurrida manifestación descansou un momentiño e puido ver a pequena pero ben traballada e ambientada obra de representación por parte duns nenos porteños dos milagres desta Virxen tan venerada e querida na Ponte.  Os organizadores da procesión de Fátima da Ponte do Porto presentaron este ano 2007 unha impresionante alfombra floral na Rúa das Barrosas En fin, como non podía ser menos con tal excepcionais actores, a representación foi todo un éxito e dende aquí damos a nosa máis calurosa felicitación aos rapaces participantes. Para rematar, como ben sabedes os usuarios de camarinas.eu, nesta web non vos estamos a facer promesas día tras día. Facémos o traballo e punto. ...
O grupo Materia non para este verán

Concerto de Materia en Cee

Serán telonieros de "Los Suaves" no concerto da Xuventude de Cee. Materia, o grupo de Metal da Ponte do Porto darán entrada na festa da Xunqueira de Cee ao mítico e irrepetible grupo de Rock&Roll Ourensá Los Suaves. En camarinas.eu teremos unha galería de fotos especial para este concerto que eles mesmos nos ceden. Esperemos que o Luns estean xa colgadas nesta web. ...

Festa de San Roque na Ponte 2007

As festas da Ponte do Porto na honra a San Roque comezaron cunha boa churrascada. Hoxe é o día de San Roque na Ponte do Porto e para estar a altura imos a facer unha reportaxe fotográfica de toda a festa. Mañá, sobre as 2 da tarde comezaremos a subir as fotos. Como podedes ver no cartel haberá misa ás 13:00 horas da tarde con procesión e acompañamento da Banda de Música de Santa Comba e despois celebrarase o baile vermouth amenizado pola orquestra K´pricho. De noite gran verbena coas orquestras D´nivel e K´pricho. Xa sabedes, animádevos e non marchedes para Laxe nin para Cee, a mellor festa: San Roque da Ponte do Porto. ...
Jabalí atropellado

Un vehículo mata tres crías de xabarín

Na carretera que une Ponte do Porto con Camariñas un  vehículo atropelou tres crías de xabarín que neses momentos estaban a cruzar polo asfalto. Protección Civil de Camariñas tivo que desplazarse ata o lugar para retirar os restos dos tres animales falecidos no atropello. Sobre as 23:00 un vehículo sen identificar atropellou aos tres xabaríns. Os animales mortos foron trasladados á "Canteira" de Camariñas  onde foron cristianamente incinerados. ...