Festas de Vimianzo 2008

¡As tropas de élite de camarinas.eu invaden Vimianzo! Ver en directo a semellante hembra como Soraya, fai que ao redactor lle tremen ata os osos Aproveitando o clima bélico que actualmente estamos a vivir, camarinas.eu tamén movilizou este fin de semana a todas as súas tropas de élite para o asalto e conquista final do feudo inexpugnable de Alejandro Rodríguez, Emperador Primeiro e Único de Vimianzo, con motivo das Festas patronais que celebraba o noso querido municipio limítrofe. Os hippies rastas e celtas (¿?) do asalto ao castelo non se atreveron, pero camarinas.eu sí: nada pode deter a tres redactoras como as nosas, as cales plantáronse nas Festas de Vimianzo e competiron en beleza ca estrela de Operación Triunfo Soraya. Pulsa na foto para ver a reportaxe elaborada polas tres mulleres que fixeron doblar a rodilla á mesmísima Soraya. ...

Ponte do Porto: Caldo de Riola 2008

Volvía o director de camarinas.eu de filmar unha voda en Vimianzo este sábado 19 de xullo cando ao pasar pola Ponte do Porto víose forzado a facer un alto no camiño, xa que Carmen Caamaño de León, "Carmucha", a que según contan as crónicas fui a primeira muller socialista do Concello de Camariñas, asaltou a unidade móvil improvisada da web máis vista da Costa da Morte. A ocasión non era para menos, a vila porteña celebraba a súa anual festa gastronómica do Caldo de Riola. Ali ademáis reencontrouse cun dos usuarios máis admirados e respetados de sempre por esta redacción: Manolo Currodetrás, un home que estivo axudando duro xa dende os nosos difíciles inicios. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa ademáis dunhas fotos e uns videos do campo donde se celebrou o caldo de riola feitas polo noso usuario Currodetras. ...
Membros da Comisión de Festas de San Pedro da Ponte do Porto deste ano 2008

Impresionante Sardiñada do San Pedro 2008 da Ponte do Porto

Como é habitual ano tras ano, a temporada de festas de verán ten o seu punto de arranque nas festas de San Pedro da Ponte do Porto. Alí todos aqueles festeiros que veremos desfilar polas distintas romarías e festas dos contornos ao longo dos dous meses seguintes quentan motores e fan a súa particular pretemporada. En San Pedro están aquelas caras da xuventude que animarán as milenarias festas desta Costa da Morte nosa. ...

Pub Saloon na Ponte do Porto

Este sábado na Ponte haberá festa rachada Todo está preparado no porteño Pub Sloon para armar un bo fiestorro esta noite Este sábado 14 de xuño terá lugar no Pub Saloon (Ponte do Porto) unha festa concerto no que estará presente o doblador da TVG Yoni Mediogramo que fará das súas contando contos e chistes mentras uns profesionais do tatuaxe realizarán tattoos e pircings a todo o que o desexe. Todo este espectáculo farase a partir das 7 da tarde acompañado dunha gran churrascada gratuita para todo o mundo. Para despedir a noite actuará no Saloon o grupo porteño Materia ao que se sumarán uns invitados especiais. Pois nada, esperamos mostrarvos as fotos desta festasa para a semana que ven. Pulsa na foto para ver unhas imaxes do Saloon. ...

Atraco na gasolineira da Ponte do Porto

A gasolineira da Ponte do Porto atracada este luns A TVG desprazouse ata a Ponte do Porto este mércores para coñecer o caso Esta luns pasado 7 de abril a gasolinera da Ponte do Porto foi obxecto dun violento atraco por parte dun descoñecido que chegou a meter un coitelo no pescozo a unha operaria de Camelle que estaba a cerrar a dita gasolineira. O ladrón atacou cun coitelo por detras á rapaza mentras ela recargaba o móbil deste individuo o cal lle quitou a bandoleira dos cartos e pouco máis. Ao parecer foi un atraco algo absurdo xa que, según testemuñas que falaron coa rapaza despois do roubo, o atracador marchou nun coche e aos presentes doulles tempo de coller a matrícula de dito coche e chamar á Garda Civil que rapidamente montou un dispositivo de búsqueda co que o ladrón foi capturado horas despois curiosamente nunha barra americana próxima. Polo que se ve tiña ganas de festa... Esperemos que a nosa querida amiga da gasolineira se recupere pronto do susto e volva a ser aquela dicharacheira rapaza que nos alegraba o día cada vez que tiñamos que pagar as subas da gasolina. Con respecto ao atracador, non estaría mal...