Festa de San Roque na Ponte 2009

Como ven sucedendo dende hai anos unha muchedumbre afameada invadío o Paseo Fluvial da Ponte do Porto Foi un venres 17 de agosto de 2007 cando camarinas.eu acudía por primeira vez á churrascada das Festas de San Roque da Ponte do Porto e foi un sábado 15 de agosto de 2009 cando a web que en tempo récord pulverizou tódolos rexistros habidos e por haber, no día do seu segundo cumpreanos, cubría por terceira vez un evento gastronómico que atrae centos de visitantes cara a unha vila que dende os momentos iniciais de camarinas.eu estivo no centro dos nosos desvelos e no que se serviron máis de 600 racións. No Paseo Fluvial, cas firmes pedras da ponte como testigo e co ritmo de fondo impulsado polo omnipresente Trío Eclipse, a cambio dun módico precio, este sábado a Ponte do Porto foi o lugar idóneo para pegarse unha homenaxe culinaria co Prato Nacional do Concello de Camariñas: O CHURRASCO. ...

Cartel da Festa de San Roque 2009

Este finde non te perdas as Festas da Ponte Todo está listo este fin de semana na Ponte do Porto para pasalo pipa: ben comidos e ben bebidos Non é porque o dixera camarinas.eu, pero esta semana temos outra constatación da nosa proposta de hai dúas semanas de declarar ao churrasco como Prato Nacional do Concello de Camariñas: a xigantesca e sempre mui concurrida churrascada que este sábado con motivo das Festas de San Roque se organizará na Ponte do Porto e na que de seguro poderemos ver cortando tiras de churrasco e asando como se debe á nosa querida Carmucha, a muller pionera do socialismo no Concello de Camariñas. E todo elo animado por un trío Eclipse que polo que se ve debe estar forrándose ca súa inacabable xira veraniega por estas terras. Ademáis, o local de moda na Ponte, o Pub O Pincho para honrar ao santo ideou unha imaxinativa proposta que pode facer que os refrigerios cubateriles traian un pan baixo o brazo con agasallos especiais e copas gratis... todas estas promocións do Pincho a partir de hoxe venres e durante todos os días de festa na Ponte do Porto. Non podes faltar! ...

Caldo de Riola 2009 na Ponte do Porto

Un evento culinario cuns cimientos firmes e asentados e que no competitivo calendario galego das festas gastronómicas veraniegas parece ir a máis edición tras edición é o constituido pola homenaxe ao plato máis típico da Ponte do Porto, aquel que tanta fame axudou a liquidar por estes lares nos tempos duros e difíciles: o Caldo de Riola. Un manxar humilde e sinxelo, que nunca foi do agrado de muchimilonarios e membros de realezas aristocráticas, pero que é devorado con pracer e fruición polo pobo humilde e traballador. Por eso, camarinas.eu, a web que visiona as catro parroquias do Concello de Camariñas como un universo informativo, achegouse ata unha vila porteña na que o noso amigo Baña ou Carmucha, a que conta a lenda que foi a 1ª muller en blandir aos catro ventos un carnet socialista nestas terras, se afanaban en compracer a unha multitude que afameada tomou as rúas da Ponte do Porto. ...

Festas de Cereixo 2009

Unha muchedumbre famenta douse cita en Cereixo para degustar os sabrosos chourizos Chourizada de Cereixo 2009 Si hai dúas semanas camarinas.eu degustaba os sabrosos callos da Faguía de Carnés, este venres 24 de xullo tocou saborear os suculentos chourizos das Festas do Santiago Apóstol de Cereixo 2009. Decían que este ano non se celebrarían, pero o certo é que aquí está unha das citas ineludibles do calendario veraniego festeiro da Costa da Morte, que se distingue de tódalas demáis polo espacio físico no que se desenvolve, a carón dun carballo milenario, cun castelo medieval á sua beira e cunha das contadas igrexas románicas desta Franxa Atlántica ao fondo. Porque as de Cereixo sempre serán unhas festas cun sabor especial, distinto....

Faguía de Carnes 2009

Alejandro Rodríguez, aclamado Alcalde de Vimianzo e exemplo político a seguir por Camarinas.eu ¡¡En Carnés con Alejandro Rodríguez!! Agora está mui de moda facer encuestas sobre quen é o persoeiro máis importante da Costa da Morte, ou que políticos de alta alcurnia visiten festas e voráxines gastronómicas masivas ideadas polo pobo humilde e traballador, que se abra algún que outro expediente tamén está de moda, pero para unha web desnortada como camarinas.eu o realmente importante son acontecementos históricos como o reencontro que na tarde do 9 de xullo de 2009 tivo lugar na Faguía de Carnés con Alejandro Rodríguez, Alcalde de Vimianzo, Gran Emperador da Costa da Morte, auténtico mentor político de camarinas.eu e home, en definitiva, que reformulou as bases teóricas do socialismo dunha forma tan exquisita que fixo revolverse de envidia dentro da súa tumba ao mesmísimo Karl Marx....