Incendio na Centro de Saude da Ponte do Porto

Un pequeno incendio provocado por un cortocircuito obrigou a evacuar o Centro de Saúde Incendio con desaloxo incluido Recén inaugurado como estaba o seu flamante novo ascensor e na mañán deste martes 18 de mao de 2010 vai e declárase un pequeno incendio no edificio que alberga a Casa de Cultura e o Centro de Saúde da Ponte do Porto. Efectivamente, segundo noticias ás que puido ter acceso camarinas.eu, eran preto das 9:30 desta mañán cando un pequeno fogo ao parecer provocado por un cortocircuito nunha lámpara de barra fluorescente instalada no teito do segundo andar, concretamente na sala de pediatría, causaba un pequeno fogo. As lapas provocaron que se derretise o plástico que recubría a lámpara, o que supuxo unha intensa fumareda que obrigou a evacuar temporalmente á media ducia de usuarios nese momento presentes no Centro de Saúde porteño. Posteriormente, unha vez desprazados ao lugar unha dotación dos bombeiros de Cee e a Policía Local de Camariñas e visto que o fogo non ía a maiores procedíose a efectuar as necesarias labouras de limpeza, volvendo a funcionar a Clínica da Ponte ao longo da mañán sen maiores incidentes. Como conclusión só resta engadir que afortunadamente o flamante ascensor instalado no...

Degustacion de orellas e filloas

Pois xa están aquí, xa chegaron as festas de Carnavales e despois das enchentas que todos nos puxemos no Nadal nada mellor que os bos e cremosos postres cheos de azucre e graxas para completar esta rica dieta á que nos ten condenados a nosa peculiar cultura cristiano-gastronómica. Como xa anunciáramos hai unhas semanas, a comisión de festas da Ponte do Porto tiña previsto organizar unha verbena este venres coa orquesta Marbella e o Grupo D´Satelite pero para facela un pouco máis acorde con estas datas tamén realizarán unha gran degustación de filloas e orellas dende as 10 da noite. Así como un concurso de disfraces que premiará ás comparsas máis orixinais que se acerquen polo Pavillón Polifestivo da Ponte do Porto no que serán intalados uns xogos hinchables para que os rapaces poidan xogar mentras os seus pais bailan e degustan todos os manxares que a comisión de festas da Ponte do Porto ten preparadas para este venres 12 de febreiro. ...
Impresionante foi o programa do Nadal 2010 no Pub O Pincho e impresionantes son as fotos que o recollen

Resumen de Fin de Ano e Noite de Reis no Pincho da Ponte do Porto

¿Pensaba alguén en serio que aquí en camarinas.eu acabáramos co Fin de Ano? Faltaba, querido electorado, o na va más, o desiderátum, o acabose: faltaban as espeluznantes fotos directamente importadas polo Pub o Pincho dende a Ponte do Porto, capital mundial do dicharacherismo chiquitero. Uns festexos que non se quixo perder o máis bala perdida dos Reis Magos que, chegado a lomos dun deslavazado poni, ademáis de vir cargado de regalos fixo por ver si era verdade todo aquelo que oíra no seu camiño dende Oriente acerca dos apocalípticos festorrios que se montan no emblemático local da Ponte do Porto. Local que incluso se atreve a darlle unha oportunidade a  novos grupos e así o 22 deste mes de xaneiro organizará un concerto de "Lombardi", grupo que ten como baixista a Anxo, anterior guitarrista de Sobrecarga. Así, o mellor  que podedes facer é visionar as fotos e o vídeo enviados baixo os sons da banda sonora das versións en mp3 do grupo Lombardi. ...

Festa do Nadal da Comision de Festas de Cereixo

A Comisión de Cereixo acudío á redacción de camarinas.eu para publicitar a impresionante festa deste venres Este venres grandes orquestras na Ponte do Porto Pois agora que dende a Xunta din que sobran uns cuantos concellos en Galicia, debe ser que aquí na Costa da Morte xa se puxeron mans á obra antes que nadie e así a futura anexión do Concello de Vimianzo dentro de Camariñas, tan necesaria para o "lebensraum" ou espacio vital camariñán, da o seu primer paso visible este venres 18 de decembro ca celebración pola Comisión de Festas de Cereixo dun impresionante festival orquesteril no Pabellón Municipal da Ponte do Porto. O feito da existencia dunha historia común e duns cascos urbanos que se funden sin unha separación nítida entre a Ponte e Cereixo fai que, da man de dúas orquestras como a Compostela e Capitol, a batalla común pola unión dos Concellos de Vimianzo e Camariñas dé os seus primeiros pasos a ritmo de pasodobre e do imprescindible reggaeton. Será a definida polos libros de historia como "Diplomacia orquesteril", chamada a remover os límites do mundo e na que vellos e novos están chamados a participar por igual....

Terrible suceso na Ponte do Porto

Falece un camioneiro nunha marmolería da Ponte Un terrible suceso volvío a golpear o Concello de Camariñas ca morte dun camioneiro ourensán Lamentablemente na tarde deste caluroso e veraniego xoves 10 de setembro de 2009 unha desgracia terrible volvío a acontecer no Concello de Camariñas cando cara ás 16:45 horas un camioneiro que estaba a facer unha descarga de material na Marmolería de Daniel Barroso Rial, na Rúa Linares, na zona do Outeiro na Ponte do Porto, falecío ao ser brutalmente golpeado cun toro elevador que estaba a carrexar material, ao caer a carga por causas descoñecidas e desplazarse para atrás a citada máquina de transporte golpeando mortalmente ao traballador, sen que se coñezan polo momento as causas deste suceso. A víctima, Francisco Manuel Capelo Fernández, de 40 anos de idade e natural de Xinzo de Limia en Ourense, foi atendido no lugar polas unidades do 061, de Protección Civil de Camariñas e da Guardia Civil, chegando a desplazarse ata alí un helicóptero do 112 que non chegou a transportar á víctima xa que esta falecera no lugar dos feitos. Dende Camarinas.eu lamentamos tan terrible suceso e trasladamos as nosas condolencias aos familiares deste camioneiro ourensán. D.E.P. ...