Don Manuel Pereira Alves, veciño da Ponte do Porto, descanse en paz

Don Manuel Pereira Álves, veciño da Ponte do Porto, descanse en paz

Na noite deste sábado 23 de febreiro de 2019 falecía na súa casa o querido veciño da Ponte do Porto Don Manuel Pereira Álves aos seus 88 anos de idade. Era tamén Don Manuel moi coñecido por ser o viúvo de Dona Águeda, finada veciña da Ponte do Porto. O corpo sen vida de Don Manuel está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de San Pedro ás 11:45 da mañá deste luns 25 de febreiro de 2019. Xa no sagrado templo porteño será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Manuel para, acto seguido, procederse ao seu sepelio que será realizado no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto onde os restos de Don Manuel terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Pereira Álves. Descanse en Paz. ...
Don Jesús Suárez Pérez, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Don Jesús Suárez Pérez, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Na mañá deste luns 18 de febreiro, a redacción desta web recibía aflixida a triste noticia da morte do querido veciño da Ponte do Porto Don Jesús Suárez Pérez aos seus 76 anos de idade. O corpo sen vida de Don José, tamén moi coñecido por ser o viúvo de Dona Maruja do Roldán, está sendo velado no Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a igrexa parroquial da vila porteña ás 16:45 da tarde deste martes 19 de febreiro. Xa no sagrado templo porteño será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Jesús para, acto seguido, procederse á realización do seu sepelio no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto. Dende Camarinas.eu queremos dar as nosas máis sinceitas condolencias a toda a familia e amigos de Don Jesús Suárez Pérez nestes momentos tan duros que están a pasar. Descanse en Paz. ...
Don José Méndez Méndez, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Don José Méndez Méndez, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Volve a golpear outra vez a traxedia na nosa querida Rúa Barrosas da Ponte do Porto. Xa perdéramos a conta da terrible vaga de mortes repentinas que está a sucederse sen solución de continuidade en todo o concello cando hoxe volve a asolarnos a terrible noticia da fulminante morte do noso querido amigo Don José Méndez Méndez aos seus tempranos 60 anos de idade. O corpo sen vida de "O Méndez de Braño", tal e como era cariñosamente coñecido en toda a vila porteña, está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a igrexa parroquial da vila porteña ás 15:45 da tarde deste venres 15 de febreiro de 2019. Xa no sagrado templo de San Pedro será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don José para, acto seguido, procederse a realización do seu sepelio no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto. Vaise deste xeito tan repentino como triste e inesperado toda unha institución do fútbol na Costa da Morte chegando a desempeñar numerosas funcións no seu amado equipo do CF Porteño dende xogador, a presidente pasando por directivo e responsable doutras áreas, pero sempre comprometido...
Don Manuel Tajes Parga, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Don Manuel Tajes Parga, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Sigue este incesante e terrible goteo de defuncións de xente realmente xoven que asolan todo o concello. Na tarde deste mércores 6 de xaneiro de 2019 esta redacción era notificada por parte dun familiar da morte do estimado veciño da Ponte do Porto don Manuel Tajes Parga aos seus 60 anos de idade despois dunha larga loita contra unha enfermidade que ao final levouse a vida deste querido veiño das Barrosas. O corpo sen vida de Don Manuel, máis coñecido en toda a vila porteña por Manuel "O Caseiro" irmán da nosa querida amiga María de Nivos, está sendo velado no tanatorio coruñés Albia sito no Polígono da Grela na cidade herculina onde "O caseiro" residía xunto á súa familia. Dende alí sairá este xoves 7 de febreiro cara a súa querida vila natal da Ponte do Porto onde será celebrado o seu funeral de corpo presente ás 16:00 horas na Igrexa Parroquial de San Pedro da Ponte. Acto seguido procederase a realización do seu sepelio no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto onde os restos mortais de Don Manuel O Caseiro terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia...
Exdeputados do Parlamento de Galicia visitaron o IES Pedra da Águia

Exdeputados do Parlamento de Galicia visitaron o IES Pedra da Águia

O xoves 31 de xaneiro visitaron o IESP Pedra dá Aguia da Ponche do Porto, tres ex deputados do Parlamento galego para explicar o funcionamento do mesmo a alumnos de 3º da ESO. Suso Veiga do BNG, Marisol Soneira do PSdG e Anxo Mesa do PPdG puxeron en valor o traballo que se desenvolve no Parlamento e o papel que xogan os políticos. Tras explicar a traxectoria do Parlamento desde os seus inicios alá por 1981, explicaron como se traballa e que competencias asume. Neste sentido, destacaron dous temas moi interesantes para a comarca como a pesca e a educación, que deben ser motores para o rexurdir desta zona. Tamén fixeron fincapé na necesidade dos políticos de traballar con honestidade e de usar como armas de debate a concordia e a negociación. ...