- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 10 Outubro 2008 10 Outubro 2008
Multitudinaria procesión de Fátima na Ponte

Este domingo 5 de outubro celebrábase na Ponte do Porto unha multitudinaria procesión en honor á Virxen de Fátima, unha tradición moi antiga que caera no olvido e que nestes últimos anos se está a recuperar gracias ao traballo de moitos veciños da Rúa das Barrosas. Estas persoas cubren toda a costa das Barrosas, dunha lonxitude aproximada de 600 metros, cun impresionante manto floral para que pase a procesión cando sae da Igrexa de San Pedro.
Despois, xa no alto das Barrosas, represéntase unha obra teatral sobre a vida e milagres da Virxe de Fátima. Os actores desta representación son un grupo de rapaces pequenos da Ponte do Porto que axudan tamén a montar todo o escenario. Tras esta parada obrigatoria, a procesión encamíñase polas Barrosas abaixo hacia o paseo fluvial da Ponte. Neste percorrido é cando os veciños das Barrosas tiran pétalos de flores á súa Virxe dende os balcóns das casas. Finalmente, a imaxe de Fátima regresa á igrexa xunta os outros santos para descansar ata o ano que ven. Pulsa na foto para ver unhas imaxes cedidas por Foto Isabel Alonso. Si alguén desexa adquirir algunha destas fotos pode facelo na tenda de Isabel sita na Praza de San Roque (frente a Igrexa da Ponte).
Multitudinaria procesión de Fátima na Ponte
Este domingo 5 de outubro celebrábase na Ponte do Porto unha multitudinaria procesión en honor á Virxen de Fátima, unha tradición moi antiga que caera no olvido e que nestes últimos anos se está a recuperar gracias ao traballo de moitos veciños da Rúa das Barrosas. Estas persoas, comandadas por Carmucha (a primeira muller socialista do Concello de Camariñas) cubren toda a costa das Barrosas, dunha lonxitude aproximada de 600 metros, cun impresionante manto floral para que pase a procesión cando sae da Igrexa de San Pedro.
Despois, xa no alto das Barrosas, represéntase unha obra teatral sobre a vida e milagres da Virxe de Fátima. Os actores desta representación son un grupo de rapaces pequenos da Ponte do Porto que axudan tamén a montar todo o escenario. Tras esta parada obrigatoria, a procesión encamíñase polas Barrosas abaixo hacia o paseo fluvial da Ponte. Neste percorrido é cando os veciños das Barrosas tiran pétalos de flores á súa Virxe dende os balcóns das casas. Finalmente, a imaxe de Fátima regresa á igrexa xunta os outros santos para descansar ata o ano que ven. Pulsa na foto para ver unhas imaxes cedidas por Foto Isabel Alonso. Si alguén desexa adquirir algunha destas fotos pode facelo na tenda de Isabel sita na Praza de San Roque (frente a Igrexa da Ponte).
Comentarios
Unha prosesion mui bonita ca virxan da Fatima,con Carmucha en diante
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.