4.8387096774194 1 1 1 1 1 Rating 4.84 (155 Votes)

¡As tropas de élite de camarinas.eu invaden Vimianzo!

Ver en directo a semellante hembra como Soraya, fai que ao redactor lle tremen ata os osos
Ver en directo a semellante hembra como Soraya, fai que ao redactor lle tremen ata os osos

Aproveitando o clima bélico que actualmente estamos a vivir, camarinas.eu tamén movilizou este fin de semana a todas as súas tropas de élite para o asalto e conquista final do feudo inexpugnable de Alejandro Rodríguez, Emperador Primeiro e Único de Vimianzo, con motivo das Festas patronais que celebraba o noso querido municipio limítrofe. Os hippies rastas e celtas (¿?) do asalto ao castelo non se atreveron, pero camarinas.eu sí: nada pode deter a tres redactoras como as nosas, as cales plantáronse nas Festas de Vimianzo e competiron en beleza ca estrela de Operación Triunfo Soraya. Pulsa na foto para ver a reportaxe elaborada polas tres mulleres que fixeron doblar a rodilla á mesmísima Soraya.

Camarinas.eu nas Festas de Vimianzo

Porque para ir a Vimianzo hai que ir preparado: non en vano ten a un estadista ao frente dos seus destinos dende hai máis de trinta anos, un home que reformulou as bases doctrinales do socialismo dunha forma tan exquisita que faría tremer de envidia ao mesmísimo Karl Marx na súa tumba. Así que non houbo máis remedio que enviar a tódalas nosas forzas terrestres (lamentablemente non as marítimas: a Flota de Guerra de camarinas.eu co seu buque insignia, o Cirros, quedaba impedido para a labor bélica debido a ausencia dun río consistente en Vimianzo, pero que trema a web fluvial de Santa Comba: nada impide ao noso letal Cirros transportar á implacable Infantería de Marina de camarinas.eu para o asalto postrero e final). A infantería e os carros blindados sí que foron. A infantería composta por dous vellos oficiales das Guerras Napoleónicas, dous galanes experimentados nas artes amatorias e idolatrados polo xénero femenino; e a cabalería, formada por tres redactoras de corpos esculturales e mentes despertas e áxiles, Adry, Lucía e María Belén, sempre listas para captar a exclusiva, como no caso presente son os dous vídeos grabados en condicións adversas e extremas por Lucía.

Pois aquí tedes unha reportaxe captada extramuros do Concello de Camariñas, tras o envío masivo de tódalas nosas forzas expedicionarias a un Concello alén do noso. Non sabemos onde caerá a lupa microscópica de camarinas.eu a próxima vez, pode ser Laxe, pode ser Santa Comba. En todo caso, como aquí non queremos enganar a nadie, tal vez apreciedes que a reportaxe non da para muito, pero é que este ano as Festas de Vimianzo estuveron medio derrotadas e a afluencia de público deixou bastante que desexar. Pero tranquilos, xa tomou nota e está traballando para que non se repita o próximo ano o noso querido e admirado Alejandro, Emperador Primeiro e Único de Vimianzo.

 

Comentarios   

uXi
0 # uXi 11/08/2008 20:55
Y yo sin estar :sad:
Responder | Denunciar ante o administrador
MBCA
0 # MBCA 11/08/2008 21:26
vaia festiñassss eh!!meyor creo q nn o puden pasar jeje
ta mui ben oh a reportaxe,as fotos unha maravilla nn se pode pedir mas nun dia de festiña jeje
un saludiño a todosss
Responder | Denunciar ante o administrador
adry
0 # adry 11/08/2008 21:41
ESA FOTOGRAFA...Q BEN O PASAMOS EH..ARRASAN AS FOTOS..SOMOS AS MELLORES E O CARALLO..JEJE
BIKIÑOSSS
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 11/08/2008 22:33
estades ben juapos e mima da justo viva camariñas
Responder | Denunciar ante o administrador
taller
0 # taller 11/08/2008 23:48
mmmm...mmmm...S oraya...nome di printsessa persa!!!Bella, bella ragazza, mollto gustare a jj elcano...mmm... mmm
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
0 # fabio 12/08/2008 09:44
A BERDA ECHE QE SORALLA ESTA FEITA UNMA EMBRA TERRIBLE,TUBO MUI BEM O CONSIERTO,DOU JUSTO OILA E BELA,MIMAAAAAAA !!!
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 12/08/2008 11:30
pasadelo crimi, non hay quen vos joda cada ves estades mas rodeados de boas rapasas.
Responder | Denunciar ante o administrador
Kalaña
0 # d escandalooooooo ooooKalaña 12/08/2008 18:45
tubo criminal
eña salu3



**Yo el Aventurero**
Responder | Denunciar ante o administrador
visioso
0 # visioso 12/08/2008 19:24
cacho festasas eh!!! e soraya ta de escandalo!! bué, as redactoras oh.
q ben o pasamos no jato nejro diego! a ver pa san ramón q tocará festa en kmariñas e hai q volver q inda q non sea o carme ha d tar dpm =
Responder | Denunciar ante o administrador
visioso
0 # todos os comentarios de escandalooooooo ovisioso 12/08/2008 19:28
....e eu q o dijo 5 veses x minuto non o poño jajaja
Responder | Denunciar ante o administrador