- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 20 Xullo 2008 20 Xullo 2008
Volvía o director de camarinas.eu de filmar unha voda en Vimianzo este sábado 19 de xullo cando ao pasar pola Ponte do Porto víose forzado a facer un alto no camiño, xa que Carmen Caamaño de León, "Carmucha", a que según contan as crónicas fui a primeira muller socialista do Concello de Camariñas, asaltou a unidade móvil improvisada da web máis vista da Costa da Morte. A ocasión non era para menos, a vila porteña celebraba a súa anual festa gastronómica do Caldo de Riola. Ali ademáis reencontrouse cun dos usuarios máis admirados e respetados de sempre por esta redacción: Manolo Currodetrás, un home que estivo axudando duro xa dende os nosos difíciles inicios. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa ademáis dunhas fotos e uns videos do campo donde se celebrou o caldo de riola feitas polo noso usuario Currodetras.
Manolo Currodetrás, usuario clave de camarinas.eu
Por outro banda, sempre é un placer para camarinas.eu facer un stop (un "stambai", que diría o noso adorado Juan Camariñán) na nosa querida Vila da Ponte do Porto, sobre todo se é para tomarnos un par de cuncas dese caldiño de riola que con tanto arte sabe preparar a Asociación do mesmo nome dende hai uns anos a esta parte, e todo elo amenizado por unha charanga de altura: a charanga "Apeles", nome sen dúbida en honor do tronado cura agora caído no olvido. Resta sinalar que estamos pendentes dunha nova tirada de fotos dun redactor improvisado da Ponte do Porto para ampliar fotográficamente esta noticia.
Comentarios
Un usuario mas,grasias
Hasta salen favoresidos e todo na foto!!
JAja vña q un saludo pos mellores papis do mundo!!
Querovos!!
Graciñas Dieguiño...
un saludo
que lle chames como os vesiños xa vale,pero argentino....
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.