As festas da Ponte do Porto na honra a San Roque comezaron cunha boa churrascada. Hoxe é o día de San Roque na Ponte do Porto e para estar a altura imos a facer unha reportaxe fotográfica de toda a festa. Mañá, sobre as 2 da tarde comezaremos a subir as fotos. Como podedes ver no cartel haberá misa ás 13:00 horas da tarde con procesión e acompañamento da Banda de Música de Santa Comba e despois celebrarase o baile vermouth amenizado pola orquestra K´pricho. De noite gran verbena coas orquestras D´nivel e K´pricho. Xa sabedes, animádevos e non marchedes para Laxe nin para Cee, a mellor festa: San Roque da Ponte do Porto.
 

Cartel das festas de San Roque 2007

Engadir un comentario