1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Este sábado 18 de maio esta redacción era coñecedora da triste noticia que anunciaba a defunción do querido veciño da Ponte do Porto Don Manuel Dopazo López aos seus 90 anos de idade. O corpo sen vida de Don Manuel está sendo velado no Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de San Pedro ás 16:45 da tarde deste domingo 19 de maio. Xa no sagrado templo porteño será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Manuel para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio da Ponte do Porto onde os restos mortais de Don Manuel terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Dopazo López. Descanse en Paz.

Engadir un comentario