5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (3 Votes)

Xa está todo preparado para que este domingo se celebre a tradicional procesión de Fátima na Ponte do Porto. As persoas encargadas da organización destes actos relixiosos fannos chegar o cartel e unhas imaxes nas que podemos comprobar todo o gran traballo que foi realizado altruistamente por estas xentes da Ponte do Porto. A rúa das Barrosas lucirá este domingo esplendorosa cando, despois da misa solemne en honor á Virxen de Fátima programada para as 10:30 da mañán, salgan en procesión os numerosos devotos por este importante vial porteño. Durante o tradicional percorrido polo que se leva en volandas á imaxe da virxe milagreira, os asistentes estarán acompañados pola Banda de Gaitas "Vai en Banda". Xa no alto da Pesqueira será celebrada por parte dos nenos da Ponte do Porto a representación da aparición da nosa señora de Fátima. E alí estará Camarinas.eu para dar conta de todo o que aconteza na nosa querida vila Porteña. Dende aquí queremos darlles a noraboa a toda a organziación da Fátima da Ponte do Porto.

Engadir un comentario