1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Na noite deste mércores 24 de abril de 2019 deixaba este mundo na súa casa o querido veciño de Dor Don Emilio Alborés Ferreiro aos seus tempranos 63 anos de idade despois dunha dura loita contra unha terrible enfermidade. O corpo sen vida de Emilio do Copero, tal e como era cariñosamente coñecido en todo o Concello de Camariñas, está sendo velado no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial da vila Porteña ás 18:45 da tarde deste xoves 25 de abril. Xa no sagrado templo da Ponte do Porto será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Emilio para, acto seguido, ser celebrado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto onde os restos mortais deste querido veciño terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia de Don Emilio e darlle o noso cariño nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.

Engadir un comentario