1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os últimos días foron de gran intensidade no IESP Pedra dá Aguia de Camariñas. Os embaixadores junior do ano pasado desprazáronse ata Estrasburgo para participar no certame de Euroscola, xunto a 500 estudantes de 20 países da UE. Durante un día, os nosos alumnos convertéronse en eurodeputados e tiveron que debater sobre temas como a migración, o medioambiente, os dereitos humanos e as próximas eleccións ao Parlamento Europeo.

De volta no Centro, Europe Direct A Coruña, a oficina de representación da Comisión Europea, con sede na Deputación da Coruña, desprazouse ata as nosas instalacións con todo o seu equipo para darnos unhas charla sobre a UE en xeral e sobre as oportunidades para os mozos en Europa, en particular. Despois, participaron connosco no programa “A Cancela” de Radio SER Nordés, quen emitiu desde o noso Centro o seu programa.

Durante o mesmo, fíxose un repaso de toda a actividade do noso Instituto como Escola embaixadora do Parlamento Europeo e adiantáronse as dúas próximas actividades a realizar:

A primeira delas esta mesma semana. O venres 5 de abril ás 17.00 terá lugar nas nosas instalacións unha mesa redonda sobre pesca e sustentabilidade que contará coa presenza da Eurodeputada do BNG, Ana Miranda; a Directora Xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez; a responsable de Comunicación da Axencia Europea de Control de Pesca. Patricia Sánchez; Andrés Cerdeiras, Xerente de Industrias Cerdeimar , e Carlos Tavares, Director de Sustentabilidade de Stolt Sexa Farm.

A segunda das actividades resulta un pouco máis complexa, xa que os embaixadores junior deste ano están a preparar unha simulación das eleccións europeas para o día 9 de maio. Para iso constituíronse en 4 grupos políticos europeos e elaboraron un programa electoral sobre 4 puntos (pesca, migración, mocidade e medioambiente) co que terán que convencer aos seus compañeiros para que lles voten ese día.

Os rapaces do IES Pedra da Águia no Parlamento Europeo
Os rapaces do IES Pedra da Águia no Parlamento Europeo

Engadir un comentario