Na tardiña deste venres 29 de marzo a redacción desta web recibía a triste noticia da defunción da querida veciña da Ponte do Porto Dona Junquera Souto Baña aos seus 78 anos de idade. Ocorpo sen vida de Dona Junquera están sendo velados no Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairán cara a Igrexa de Santiago de Cereixo ás 17:45 da tarde deste sábado 30 de marzo. Xa no sagrado templo de Cereixo será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Junquera para, acto seguido, procederse á realización do seu sepelio no emiterio de Cereixo onde os restos mortais desta estimada veciña terán merecido descanso eterno. Vaian dende esta redacción as nosas máis sinceitas condolencias a toda a familia e amigos de Dona Junquera Souto Baña. Descanse en Paz.

Engadir un comentario