1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Outra tráxica notiica que temos que trasladarlles aos nosos usuarios e lectores. Ao paso que vamos, en poucos anos a poboación do concello de Camariñas verase mermada drásticamente. Na mañán deste martes 19 de marzo esta redacción recibía aflixida a noticia da morte do que fora veciño de Camariñas Don Gonzalo Lemus Canosa aos seus 74 anos de idade despois dunha dura loita contra unha terrible enfermidade que ao final cobrouse a vida deste querido veciño. Don Gonzalo, coñecido empresario hostaleiro orixinario de Merexo pero asentado en Camariñas era moi coñecido por ser o propietario do mítico Bar "O Marcha Verde" da vila das palilleiras que rexentou nas décadas do 80 e 90. O corpo sen vida de Don Gonzalo está sendo velado no Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá ás 16:00 horas da tarde deste mércores 20 de marzo cara a Igrexa de Santiago de Cereixo. Xa alí nun dos templos xacobinos máis importantes da Costa da Morte será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Gonzalo para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no cemiterio de Cereixo. Vaia dende esta redacción todo o noso ánimo e forza a toda a familia e amigos de Don Gonzalo Lemus Canosa nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.

Engadir un comentario