1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Este final de inverno 2019 está sendo especialmente tráxico en canto a defuncións acaecidas en todo o concello de Camariñas. Desta volta temos que dar conta da triste noticia da defunción da querida veciña da Ponte do Porto Dona Elisa Fandiño Pose aos seis 85 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Elisa está sendo velado no Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a homónima igrexa ás 15:00 horas da tarde deste 1 de marzo de 2019. Xa no sagrado templo porteño será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Elisa para, acto seguido, ser realizado o sepelio desta querida veciña no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Elisa. Que Deus noso señor a teña na súa gloria. DEP.

Engadir un comentario