Na noite deste sábado 23 de febreiro de 2019 falecía na súa casa o querido veciño da Ponte do Porto Don Manuel Pereira Álves aos seus 88 anos de idade. Era tamén Don Manuel moi coñecido por ser o viúvo de Dona Águeda, finada veciña da Ponte do Porto. O corpo sen vida de Don Manuel está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de San Pedro ás 11:45 da mañá deste luns 25 de febreiro de 2019. Xa no sagrado templo porteño será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Manuel para, acto seguido, procederse ao seu sepelio que será realizado no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto onde os restos de Don Manuel terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Pereira Álves. Descanse en Paz.

Engadir un comentario