1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Na mañá deste luns 18 de febreiro, a redacción desta web recibía aflixida a triste noticia da morte do querido veciño da Ponte do Porto Don Jesús Suárez Pérez aos seus 76 anos de idade. O corpo sen vida de Don José, tamén moi coñecido por ser o viúvo de Dona Maruja do Roldán, está sendo velado no Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a igrexa parroquial da vila porteña ás 16:45 da tarde deste martes 19 de febreiro. Xa no sagrado templo porteño será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Jesús para, acto seguido, procederse á realización do seu sepelio no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto. Dende Camarinas.eu queremos dar as nosas máis sinceitas condolencias a toda a familia e amigos de Don Jesús Suárez Pérez nestes momentos tan duros que están a pasar. Descanse en Paz.

Engadir un comentario