1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Volve a golpear outra vez a traxedia na nosa querida Rúa Barrosas da Ponte do Porto. Xa perdéramos a conta da terrible vaga de mortes repentinas que está a sucederse sen solución de continuidade en todo o concello cando hoxe volve a asolarnos a terrible noticia da fulminante morte do noso querido amigo Don José Méndez Méndez aos seus tempranos 60 anos de idade. O corpo sen vida de "O Méndez de Braño", tal e como era cariñosamente coñecido en toda a vila porteña, está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a igrexa parroquial da vila porteña ás 15:45 da tarde deste venres 15 de febreiro de 2019. Xa no sagrado templo de San Pedro será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don José para, acto seguido, procederse a realización do seu sepelio no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto. Vaise deste xeito tan repentino como triste e inesperado toda unha institución do fútbol na Costa da Morte chegando a desempeñar numerosas funcións no seu amado equipo do CF Porteño dende xogador, a presidente pasando por directivo e responsable doutras áreas, pero sempre comprometido ao máximo co seu pobo e co seu equipo da alma que sen dúbida quedará durante moito tocado moralmente e aos que dende aquí queremos apoiar nestes duros momentos. Dende esta redacción queremos expresar a nosa máis sinceira condolencias a toda a familia e amigos de Don José Méndez Méndez. Descanse en Paz.

Engadir un comentario