1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Sigue este incesante e terrible goteo de defuncións de xente realmente xoven que asolan todo o concello. Na tarde deste mércores 6 de xaneiro de 2019 esta redacción era notificada por parte dun familiar da morte do estimado veciño da Ponte do Porto don Manuel Tajes Parga aos seus 60 anos de idade despois dunha larga loita contra unha enfermidade que ao final levouse a vida deste querido veiño das Barrosas. O corpo sen vida de Don Manuel, máis coñecido en toda a vila porteña por Manuel "O Caseiro" irmán da nosa querida amiga María de Nivos, está sendo velado no tanatorio coruñés Albia sito no Polígono da Grela na cidade herculina onde "O caseiro" residía xunto á súa familia. Dende alí sairá este xoves 7 de febreiro cara a súa querida vila natal da Ponte do Porto onde será celebrado o seu funeral de corpo presente ás 16:00 horas na Igrexa Parroquial de San Pedro da Ponte. Acto seguido procederase a realización do seu sepelio no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto onde os restos mortais de Don Manuel O Caseiro terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Tajes Parga e ofrecerlles o noso abrazo nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.

Engadir un comentario