1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A Asociación de Exparlamentarios do Parlamento de Galicia desenvolve todo un programa de actividades para achegar a realidade da primeira institución de Galicia ao conxunto da cidadanía, moi especialmente as xeracións mais xoves. Mañá xoves, as 11 da mañá, acudirán ao instituto Pedra da Aguia tres exparlamentarios para trasladarlle aos alumnos deste centro educativo a realidade do Parlamento de Galicia dende a visión de quen estivo representándonos alí a todos nos.

O profesor responsable desta actividade é D. Jacobo Santos Solla, e os deputados que participarán nesta charla coloquio serán Angel Ramón Mesa Torreiro, Marisol Soneira Tajes e Xesús Veiga Buxán. Unha moi boa iniciativa deste centro educativo que destaca polo seu dinamismo e do que todos debemos sentirnos orgullosos.

Engadir un comentario