1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Corren tempos incertos para o antaño poderoso Banco Pastor dentro do Concello de Camriñas. Ao recente peche da sucursal deste banco no paseo marítimo da Vila das Palilleiras súmase ahora un intento de atraco na oficina deste banco na Ponte do Porto. Un suceso do máis extrano, por outra banda, que acontecía na mañá deste mércores 17 de xaneiro de 2018 cando a sucursal na Ponte do Porto deste ente financieiro galego recibía a visita dun extrano cliente vestido con roupas de traballo e agochado baixo unha máscara. O único empregado que atende aos clientes do banco nesta oficina pronto se alertou ao ver que o propósito deste individuo non eran outras que levarse o caixa forte como botín da súa visita. Ao parecer os plans deste dúo de atracadores viñan sendo seguidas por un comando de axentes da Garda Civil que frustraron o atraco detenendo ao asaltante en plena Rúa Gándara onde está situada a oficina do Pastor ante a mirada atónita dos veciños da Ponte do Porto que por alí pasaban. Ao final o presunto autor dos feitos foi detido e a Garda Civil trata de atopar ao cómplice deste destartalado intento de atraco que mantivo en vilo a toda a Ponte do Porto na mañán deste extrano xoves 17 de xaneiro.

Engadir un comentario