1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Na mañá deste sábado 22 de decembro saltaba a sorpresa nas redes socias do concello, e non estamos a falar dos 120 euros de premio na lotaría do nadal da comisión de San Xurxo. Ao que nos referimos é ao video que os chavales do IES Pedra da Águia estrenaban para celebrar o 20 aniversario do instituto da Ponte do Porto. E foron capaces de sorprender a propios e extranos no día no que moi poucos se volveron de pronto millonarios e o resto de españois, pois un pouco máis pobres do que estábamos. Pero resultou que, a parte do fiasco da lotería de nadal, os estudantes do IES puxeronnos a todos os internautas un gran sorriso na cara con un video impresionante, dunha posta en escea espectacular que seguro quedará para a historia da ensinanza en toda a Costa da Morte. Dende esta redacción queremos darlles a noraboa a todos os que fixeron posible este video para celebrar os 20 anos de existencia dun instituto que seguro vai ter premio proximamente. Noraboa!

Comentarios   

Digna
+3 # Os veteranos do IES Pedra da Aguia.Digna 22/12/2018 17:44
Pois os que estrenamos hai 20 anos o instituto tamén o imos celebrar hoxe. Imos de cea, aquel 3° de ESO do curso 98/99, coa primeira Dirección do Centro.
Responder | Denunciar ante o administrador