Seguimos a recibir tráxicas noticias dende a nosa querida parroquia da Ponte do Porto. Na tarde deste 19 de decembro de 2018 falecía na súa casa a querida veciña da Ponte do Porto Dona Agita Fernández Pereira aos seus 86 anos de idade. Os restos mortais de Dona Agita están sendo velados no Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairán cara a Igrexa Parroquial da vila Porteña ás 17:15 horas deste xoves 20 de decembro. Xa no sagrado templo de San Pedro será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Agita para, acto seguido, realizarase o seu sepelio no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto donde os restos mortais desta querida veciña terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Agita Fernández Pereira. Descanse en Paz.

Engadir un comentario