Na mañán deste 18 de decembro de 2018 deixaba este mundo na cidade da Coruña a querida veciña da Ponte do Porto Dona Carmen Méndez Camiño aos seus 90 anos de idade. Carmen de Hilario, moi querida e respetada por todos e cada un dos seus veciños da emblemática Rúa Curros da Ponte, está sendo velada no Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá ás 15:45 da tarde deste mércores 19 de decembro cara a Igrexa Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto. Xa no sagrado templo porteño será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Carmen para, acto seguido, ser realizado  o sepelio onde os restos mortais desta querida veciña da Ponte do Porto terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen Méndez Camiño. Descanse en Paz.

Engadir un comentario