Triste día de novembro para a Ponte do Porto: unha das súas figuras senlleiras, Ramón Dios Díaz de Tudanca, pai do noso gran amigo e colaborador de Camarinas.eu Moncho de Dios, pasaba a mellor vida este sábado 17 de novembro do ano do Noso Señor de 2018. Falecía Don Ramón aos seus 91 anos, rodeado do cariño dos seus e do respeto de toda a vila porteña. O funeral de corpo presente terá lugar este luns19 de novembro na Igrexa Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto as 16:00 horas previa saída do tanatorio 15 minutos antes. Alí sen dúbida congregarase a maior parte da sociedade da vila do Río Porto para tributar o seu derradeiro adeus a este gran porteño. Esta redacción, como toda a Ponte do Porto, envía á súa familia un forte abrazo e un sentido pésame. Ramón Dios Díaz de Tudanca, Descanse En Paz.

Engadir un comentario