Este sábado 10 de novembro de 2018 deixaba este mundo o querido veciño da Ponte do Porto Don José Trillo Pérez aos seus 91 anos de idade. O corpo sen vida de don José, persoa moi coñecida e estimada en toda a localidade porteña, está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto dende onde sairá cara a Igrexa de San Pedro ás 15:45 para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a realizar o seu sepelio no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto, onde os restos mortais de Don José Trillo Pérez terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar o noso máis sentido pésame a toda a familia e amigos de Don José. Descanse en Paz.

Engadir un comentario