O vindeiro domingo día 21 de outubro e ata o sábado 27, un grupo de 24 alumnos e alumnas de 2º de ESO do IESP Pedra da Aguia van participar nunha ruta cultural polas provincias de Badajoz, Sevilla e Cádiz. Irán acompañados por dúas profesoras do centro: Silvia Lijó (L. Castelá) e Gema Lois (Tecnoloxía).

O centro presentou un proxecto a esta convocatoria do Ministerio de Educación, onde 16 centros de toda España serían seleccionados para participar con alumnado de 2º de ESO. O Programa “Rutas Científicas, Artísticas e Literarias” pretende ademais de dar continuación aos coñecementos recibidos polos alumnos na aula, mellorar e presentar de forma máis atractiva a formación recibida nos seus respectivos centros, a través de contornas máis experimentais e visuais. Isto favorecerá non só á súa formación artística, literaria, científica, cultural, histórica, ambiental e social, senón tamén ao seu desenvolvemento integral. No percorrido irán acompañados do alumnado de 2º de ESO do IES Tomás Bretón de Villamayor de Armuña (Salamanca).

Desde o instituto queren agradecer a colaboración do Concello de Camariñas e da Mostra do Encaixe de Camariñas, que lles proporcionaron os agasallos para intercambiar co instituto co que comparten ruta e á empresa Industrias Cerdeimar que lles brindou unha mostra dos seus produtos para que os rapaces de Salamanca os poidan coñecer e degustar.

Engadir un comentario