1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Continúa o incesante e tráxico goteo de defuncións que asolan a todo o noso concello. Desta volta temos que dar conta da morte dunha das persoas máis lonxevas de todo o municipio. Estamos a falar de Dona Ascensión Ramos Lema que falecía na mañán deste martes 22 de maio de 2018 aos seus 103 anos de idade na súa casa da Ponte do Porto. Dona Sensión, como era cariñosamente coñecida en toda a nosa querida parroquia porteña, está sendo velada no Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Pedro ás 16:15 da tarde deste mércores 23 de maio. Alí, no sagrado templo da Ponte do Porto o noso querido páter Don Eduardo oficiará o funeral de corpo presente de Dona Ascensión para, acto seguido ser trasladados os restos mortais dunha das persoas máis lonxevas de todo o Concello de Camariñas cara o Cemiterio Veciñal de San Pedro onde esta admirada e respetada veciña porteña terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Ascensión Ramos Lema. Descanse en Paz.

Engadir un comentario